31 mar 2017
Videorrecomendación de Febreiro 2017
6 mar 2017
Contacontos no 2º trimestre
Neste segundo trimestre, seguimos coas colaboracións das familias para vir a nosa biblioteca a contar historias ou contos. Neste caso, a historia contada por a nai de Jorge, da aula de tres anos, falaba da cultura esquimal que están a traballar no ciclo de Infantil, das súas costumes e tradicións. Despois da lectura decoramos con boliñas de algodón un mural dun esquimó que nos trouxo a "mamá" de agasallo e quedounos precioso. Aquí tendes unha proba desta lectura.
Día de Rosalía
O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, en memoria do seu nacemento.
Este ano pedimos a colaboración das familias para facer fotos cunha máscara de Rosalía de Castro.
Agradecemos a vosa colaboración e deixámosvos aquí o álbum de fotos que resultou desta actividade.
Moitas grazas a todos e todas! #RosaliaTe
22 feb 2017
Videorrecomendación de Xaneiro 2017
Videorrecomendación Decembro
9 ene 2017
Sesións de Contacontos
Neste curso, ao igual que en outros anteriores, comezamos coas sesións de contacontos na nosa biblioteca, levada a cabo por nais e pais do noso alumnado. Neste caso, os contacontos que se realizaron no primeiro trimestre do curso, foron levados a cabo por: o pai de Bárbara e as nais de Celia e Julia, todas alumnas de Infantil. Grazas a súa colaboración os nenos e nenas puideron gozar da escoita de novas historias. Aquí vos deixamos un resumo destas sesións de contacontos.
20 dic 2016
Videorrecomendacións do mes de novembro
Videorrecomendación do mes de Outubro
22 nov 2016
Proxecto Documental - Curso 2016-2017
Etiquetas:
Project,
Proxecto "De Carballal para o mundo"
21 nov 2016
Os Esquimós - Infantil
Etiquetas:
Infantil,
Inuits,
Proxecto "De Carballal para o mundo"
Carballanic - 1º Ciclo
Etiquetas:
1º ciclo,
Carballanic,
Proxecto "De Carballal para o mundo"
México Lindo - 2º ciclo
Etiquetas:
2º ciclo,
México Lindo,
Proxecto "De Carballal para o mundo"
Carballal-Air 3º ciclo
Etiquetas:
3º ciclo,
Carballal-Air,
Proxecto "De Carballal para o mundo"
28 oct 2016
24 oct 2016
19 oct 2016
Celebración "Día das Bibliotecas Escolares"
Queridas familias,
Para celebrar o día das Bibliotecas Escolares, o próximo luns 24 de outubro,
realizaremos unha lectura en directo (streaming) do libro de Roald Dahl “¡Qué asco de bichos!”. Estades todos
convidados/as a esta divertida lectura que comezará ás 9:30h. Poderedes ver e escoitar esta lecturadende este mesmo blog .
29 jun 2016
OS NOSOS DOCUMENTAIS.
Este ano o alumnado de 1º de primaria fixose experto na elaboración de documentais.
A temática escollida para o primeiro documental foi o "8 de marzo", para elaborar este documental decidimos escoller a entrevista como recurso principal para a transmisión de información. Para elo elaboramos dúas entrevistas, unha máis clásica e outra con un toque diferente. Despois disto entrevistamos as mulleres traballadoras das nosas casas e elaboramos unha pequena introdución para darlle contexto ao documental. Tedes máis información deste traballo pinchando aquí.
O resultado foi un documental de 40 minutos que está a vosa disposición na nosa biblioteca.
A temática escollida para o segundo documental foi "As cores da inclusión". Neste documental mergullámonos de cheo na comprensión do vocabulario que explicaba a temática, fixemos xogos, vimos curtas, fixemos debates, murais, contos.... para chegar a unha fermosa conclusión, para coñecela tedes que ver "As cores da inclusión". Aprendemos a gravar coa cámara de vídeo , sacar fotos, a controlar os sons, a escoller e sintetizar a mensaxe que queriamos transmitir,., Se pinchades aquí podedes acceder a meirande parte das curtas que traballamos en clase.

22 jun 2016
DOCUMENTAL EXPLICATIVO SOBRE O CINE
Neste Curso 2015-16, a temática elexida para investigar, proposta dende a Biblioteca foi "O Cine". Así que no ciclo de Infantil, puxémonos mans á obra e investigamos sobre: a historia do cine, as súas orixes, os instrumentos previos ao cinematógrafo, as persoas que son necesarias para facer unha película, produtoras e películas coñecidas, e moitas cousas máis...
Despois de moito investigar e traballar esta temática, fixemos un pequeno documental explicando algunhas das cousas que aprendemos, aquí o tendes, desexamos que vos guste, despois de todo o traballo e esforzo realizado polos maís pequenos do cole.
Clica na imaxe para ver o vídeo
9 jun 2016
IX Certame Literario
O pasado martes día 30 de maio, celebramos no Colexio o festival das Letras Galegas onde se realizou a entrega de premios aos gañadores do IX Certame Literario.
Aquí vos mostramos os traballos gañadores:
ESPERAMOS QUE O VINDEIRO CURSO SIGADES PARTICIPANDO CON TODA A ILUSIÓN PARA SEGUIR CREANDO "LETRAS E CULTURA".
Aquí vos mostramos os traballos gañadores:
- CATEGORÍA NARRATIVA 1º curso de Primaria: Rosalía González Otero.
- CATEGORÍA POESÍA 1º curso de Primaria: Carla Nogueira Ferández
- CATEGORÍA NARRATIVA 2º curso de Primaria: Antía Pedrosa Mariño
- CATEGORÍA NARRATIVA 2º Ciclo de Primaria: Ainhoa Collazo Solla
- CATEGORÍA POESÍA 2º Ciclo de Primaria: Celso Nogueira Ferández
- CATEGORÍA NARRATIVA 3º ciclo de Primaria: Ainhoa Mosquera Cabaleiro
- CATEGORÍA POESÍA 3º Ciclo de Primaria: Paula Rodríguez Alonso
- CATEGORÍA NARRATIVA pais/nais : Miguel Crespo
- CATEGORÍA POESÍA pai/nais: Luis González Rodríguez
- PREMIO ESPECIAL a familia Nogueira Fernández pola participación de tódolos membros da familia nesta edición do Certame Literario.
ESPERAMOS QUE O VINDEIRO CURSO SIGADES PARTICIPANDO CON TODA A ILUSIÓN PARA SEGUIR CREANDO "LETRAS E CULTURA".
18 may 2016
CONTACONTOS DE NAIS E PAIS.
Coma noutras ocasións, as nais e pais do colexio fixéronnos unha visita para contar contos. A experiencia foi xenial e os contos estupendos. Velaquí unhas fotos.
5 may 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Outra das actividades que fixemos para o Día do Libro foron os apadriñamentos lectores cos alumn@s de Infantil.
Mirade que atentos estaban!!!!
Mirade que atentos estaban!!!!
4 may 2016
LIBROS FÓRA
Como cada ano e coincidindo coa celebración do Día do Libro saímos a disfrutar da lectura ao sol.
Mirade como o pasamos...
Mirade como o pasamos...
22 abr 2016
18 abr 2016
OS NOSOS PRIMEIROS PASOS CO PROXECTO
Nas aulas de Infantil xa empezamos a dar os nosos primeiros pasos co Proxecto deste curso "O cine", para eso empezamos a ambientar as nosas aulas, creando os nosos recantos do Proxecto e recabando información sobre o tema. Aquí tendes unha pequena mostra do noso traballo.

13 abr 2016
Contacontos por un día
Do 27 de marzo ao 9 de abril os alumnos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, convertironse en contacontos por un día, para ir a contarlle contos aos pequenos do colexio. Tanto os contadores dos contos como os espectadores, disfrutaron moitísimo desta aventura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)