3 dic 2021

 3 DE DECEMBRO  - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Dende a bilioteca do cole fixemos unha selección de libros para traballar sobre esta temática. Serviranos para facer unha reflexión e fixarnos no que realmente importa. Debemos evitar tratos discriminatorios. As persoas con discapacidade non son heroes nin vítimas. Non son xordos nin cegos. Non son inválidos, son  PERSOAS!!!

TRATÉMONOS DE IGUAL A IGUAL



 MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Xa están visitando todas as nosas casas as Mochilas Viaxeiras!! Dentro delas atoparedes lecturas para todos os gustos; narrativa en galego, narrativa en castelá, poesía, teatro, cómic, documental de acordo ao proxecto da biblio deste ano, xornal ou revista, peli... Desfruta do material en familia durante o tempo que a teñas pero non esquezas devolvela a tempo para que pase a súa "cuarentena" e poida levala outrx compañeirx.