29 oct 2012

OS NENOS/AS DE INFANTIL CELEBRAN O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de outubro, os nenos e nenas de Infantil acudimos á biblioteca do noso cole, para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Alí, puidemos ver unha curta sobre dous personaxes de contos que vivían nunha biblioteca e entre eles xurdía o amor. Despois de ver a curta fixemos un debuxo sobre o noso personaxe de conto favorito.
 Que ben o pasamos! O lema dese día foi:" Namórate da Biblioteca".

Namórate da biblioteca on PhotoPeach

E aquí están as nosas creacións, xa vedes que somos pequenos artistas!

23 oct 2012

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Parabéns a todos/as os nenos/as que poden gozar todos os días nas súas bibliotecas escolares. Hoxe 24 de outubro de 2012 celébrase o día das bibliotecas escolares. 

Non hai nada máis marabilloso que mergullarse nunha biblioteca para buscar ese libro que alguén escribiu para ti, porque de seguro que está aí, só tes que buscalo! 

Seguramente non o atopes á primeira, pero se insistes aprecerá, so é cuestión de tempo e paciencia, pero asegúroche que o día que o atopes a túa vida cambiará. 

Aquí tendes estas fantásticas curtas para celebralo, a primeira é un agasallo para o 2º e 3º ciclos e a da dereita é un agasallo para infantil e 1º ciclo, estou impaciente por ver os resultadados das vosas actividades. 

Carbi.


16 oct 2012

Chega o Samaín!

Achégase o 31 de Outubro, día de Samaín; unha data con moita historia xa que na época dos celtas sinalaba a fin do verán e o comezo do inverno.

Para celebrar esta festa propoñévosvos unha serie de actividades para os diferentes ciclos ás que poderedes acceder facendo clic nas imaxes.

Infantil e 1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo



O CARTEL DESTE ANO.


   Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008Miguelanxo Prado/2009Marina Seoane/2010,Emma Ríos/2011)

Hoxe....día de inverno

Hoxe....día de inverno, temporal...chove, fai vento e frio!!!

 O mellor que se pode facer é coller un bo libro, meterse na cama e mergullarse nel. Recoméndovos "As bruxas" do autor de contos británico de ascendencia noruega Roald Dahl. 
As bruxas en fin, xa sabedes que...




"Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. ."