17 dic 2015

AGASALLOS LECTORES

Para este Nadal alá van unhas recomendacións lectoras.
http://issuu.com/bibliocarbicarballal/docs/recomendaci__ns_nadal_def_34c3ba896f4802?e=22609034/32041667



Buscamos amigo para Carbi


Benqueridos amigos e amigas,

Hoxe quero  contarvos que estou un pouco triste, xa que van chegar as vacacións de Nadal, e vou quedar só no cole, porque todos vos ides moi contentos coas vosas familias a pasar as festas, e non vindes ao colexio.
Voume aburrir moito eu soiño!
 A min, gustaríame ter algún amigo ou amiga aquí no colexio con quen xogar mentras vós non estades, e por iso vos pido que entre todos me busquedes un compañeiro ou compañeira.
Ocurriuseme que este amiguiño/a teña tamén unha tarefa igual ca min. Eu coido da biblioteca e el ou ela, podería ser a mascota da aula de informática e coidar de tódolos ordenadores.
Espero que me axudedes a atopar a alguén!
Moitos bicos.
    Carbi

CONCURSO DE MASCOTAS PARA A AULA DE INFORMÁTICA

-Debuxo en folio tamaño normal (A4) .
-Materiais: pódense empregar todo tipo de materiais (ceras, lápices, acuarelas, témpera…) pero non se permiten volúmenes.
-Data límite: 11 de xaneiro (á volta de vacacións) .
-Entregar as titoras/es.
-Premio: “O mellor de todos”