Xa temos listo o noso POEMA VIAXEIRO, durante este mes todos os alumnos participaron na elaboración deste bonito poema. Esperamos que vos guste!
18 may 2021
LETRAS GALEGAS 2021
O venres 14 festexamos o Día das Letras Galegas no colexio. Nas aulas traballamos a figura de Xela Arias durante toda a semana e o venres visionamos nas aulas o video do Festival deste curso. Un festival virtual do máis divertido! somos uns grandes artistas!
13 may 2021
Recordamos a Rosalía de Castro
Hoxe no cole os alumnos de 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar do premio que gañou Nico no concurso de debuxo "A Nosa Rosalía". Aprenderon da vida e obra de Rosalía e recibiron unha estupenda clase de debuxo.
Mirade que ben o pasaron!!
11 may 2021
Contacontos IES Carlos Casares
Os alumnos de 1º da ESO do IES Carlos Casares levaron a cabo un contacontos virtual cos nosos alumnos do cole. Que gran traballo!!
Moitas grazas!!
6 may 2021
XV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL
Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com
Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía.
Non esquezas poñer:
- Nome, apelidos e curso.
- Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
- Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
- Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
- Corrixe as faltas de ortografía.
- Non esquezas que é en GALEGO.
- Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.
4 may 2021
BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS
No cole participamos no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias". Os alumnos de 5º e 6º de Primaria prepararon contos con videos, audios e presentacións para enviar aos nenos e nenas de Educación Infantil e aos alumnos do CEE Saladino Cortizo.
Mirade que contos máis divertidos!







































