20 nov 2013

O Camiño en cómic.

Estámonos sumerxindo no Camiño, para iso o alumnado de quinto elaborou diferentes cómics sobre historias do mesmo.

As novas do Camiño!!!

Aquí están as novas do Camiño de Santiago publicadas no xornal do Carballal, polos autores do 3º ciclo.

Xa están de camiño......

AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS XA COMENZARON A SÚA PEREGRINACIÓN POLAS DISTINTAS CASAS

15 nov 2013

"Antía, Wamba e o regato pequeno"

Dentro do programa da campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade”, o Concello de Vigo está a proporcionarnos aos centros educativos, actividades para fomentar a educación para a solidariedade e o desenvolvemento. Entre estas actividades, no noso Colexio, o pasado mércores día 13 de Novembro, puidemos disfrutar do espectáculo teatral “Antía, Wamba e o regato pequeño”, do grupo A Tropa de Trapo. Este espectáculo cóntanos catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir, de valorar, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… Historias que nos fixeron disfrutar, pero sobre todo, sentir e pensar.  

Visita "Tropa de Trapo" on PhotoPeach

Búsqueda de información

Unha vez que xa temos o camino feito, comezamos coa nosa búsqueda de información. A información buscarémola a través de tres vías: en internet, chamaremos directamente os concellos ou oficinas de turismo para que nos aporten a información que poídan e facendo unha búsqueda material na casa. Estamos traballando na primeria e segunda vía da búsqueda de información.

Xa esta feito o noso camiño.....

Xa acabamos ca primeria fase do proxecto. Consistía en crear o camiño que vamos a facer ata o seu final. Para iso decoramos o noso pasillo co peregrino, cas etapas que vamos a percorrer e a chegada a catedral. Aquí unha mostra do resultado.

Empeza o camiño.......

Comezamos a nosa etapa, o noso novo curso, do mesmo xeito que empezamos o noso novo proxecto de biblioteca. Este ano o noso proxecto será o Camiño de Santiago: o camiño Francés dende Galicia ata Santiago. Para iso, o primeiro paso será meternos no noso papel de peregrinos, ambientando os corredores cos nosos sombreiros, cos nosos mapas de etapa e convertíndonos en peregrinos, vendo como temos que ir vestidos. Aquí esta o resultado do noso primeiro traballo.



14 nov 2013

Mapa Viaxeiro


Este ano o tema do proxecto de biblioteca é “Coñezamos Galicia. Vivamos coma galegos!”, por iso,  no canto de enviar o conto viaxeiro, este ano imos facer o mapa viaxeiro.
Solicitámoslles as familias que participen nesta actividade situando no mapa un lugar de Galicia que visitasen e lles gustase. Poderán contar que é o que máis lles gustou dese lugar, por que o recomendarían, que monumentos ou institucións visitaron, etc.  Tamén poderán ilustrar a páxina do mapa viaxeiro ou pegar fotografías. Os traballos serán entregados con data límite o 9 de xaneiro de 2014

4 nov 2013

Comeza a viaxe da Mochila Viaxeira

Co motivo do Día das Bibliotecas Escolares as Mochilas Viaxeiras comezaron a súa viaxe polos distintos fogares.  Sandra foi a primeira en disfrutar da mochila do 2º Ciclo.