No Carballal levamos un mes traballando arredor da figura de Rosalía de Castro.
Somerxéndonos na vida e na obra desta escritora transgresora, librepensadora e universal.
Maña 24 de febreiro cúmprense 183 anos do nacemento desta muller que tanto fixo pola lingua e literatura galega. Rosalía, a nosa, de Catro.
23 feb 2020
17 feb 2020
21DE FEBREIRO. DÍA DA LINGUA MATERNA.
QUE
É A LINGUA MATERNA?
A lingua materna é aquela na
que os nenos/as aprenden a falar e a
relacionarse coa súa contorna máis próxima.
O Día Internacional da Lingua
Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da
función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o
diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución
da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento
integradoras e a preservación do patrimonio cultural.
CAL
É O TEMA DESTE ANO?
Cada ano, a UNESCO
escolle un tema arredor do que xira a conmemoración do Día Internacional da
Lingua Materna. Neste 2020, quere lembrar o valor dos idiomas que son á vez
locais e transfronteirizos -como o quechua, que se fala en diferentes países de
América Latina- para promover o diálogo pacífico e axudar a promover o
patrimonio cultural dos pobos que os falan. Tamén o galego é, dalgunha maneira,
unha lingua transfronteiriza, na medida en que serve como ponte con Portugal e,
en xeral, coa lusofonía.
Texto recollido do PORTAL
DA LINGUA GALEGA.
Dende o colexio, queremos festexar a diversidade de linguas
maternas que hai no centro. Para elo queremos facer unha homenaxe as familias
que compoñen a nosa comunidade educativa facendo un mural coas súas
fotografías. Por iso, pedimos que nos enviedes unha fotografía da vosa familia
e que escribades debaixo a vosa lingua materna.
15 feb 2020
O MERDEIRO, O NOSO ENTROIDO, A NOSA TRADICIÓN.
O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular.
Esta figura interprétase coma unha eterna rivalidade entre mariñeiros e labregos, entre a loita cotiá co mar e a tranquilidade do agro.
Durante o Entroido, os mariñeiros transformábanse en merdeiros con a intención de expresar, con máis forza, as súas animosidades cos do agro. Acostumaban a vestirse ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos e esaxerando o seu comportamento ante a sociedade. O merdeiro acostuma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella, corre, chota e berra asustando á xente coa vara e pronunciando verbas e frases malsonantes.
Texto recollido da web http://www.omerdeiro.org/
Neste enlace tedes recursos para traballar o Entroido.
10 feb 2020
Semana da ILUSTRACIÓN
O Día da Ilustración celébrase desde 2014 cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Cándido Fernández Mazas.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
No Colexio debido ao mal tempo tivemos que aprazar o acto que íamos celebrar na pista deportiva cuberta, e que consistiría na realización dun grande mural alusivo á paz que as nenas e nenos ilustrarían de maneira totalemente libre, pois coincide no mesmo día coa celebración do día mundial escolar da non violencia e a paz.
Por este motivo cada ciclo estivo realizando durante a semana seguinte de maneira libre a ilustración de diversos murais con diferente temática que decorarían máis tarde algúns dos espacios exteriores cubertos. Aproveitaremos a mellora do tempo para que na xornada de portas abertas do centro que celebramos o día 18 de febreiro xa todos estean colocados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



