18 feb 2019

PLANETARIO NO COLEXIO


Neste curso , contamos cun recurso proporcionado por Educaixa, un planetario, que tivemos no noso centro durante una semana e que puidemos usar e coñecer todos/as   os/as nenos/as do colexio.
Resultounos moi proveitoso , pois estamos traballando o espazo.

8 feb 2019

Traballamos os proxectos do Universo e da Terra

Neste segundo trimestre comezamos a traballar nas aulas de Infantil os proxectos do Universo e A Terra, tendo en conta que neste curso o proxecto central desta biblioteca é: "Unha viaxe polo Espazo".
  Estes son os recantos que creamos en cada unha das clases:

7 feb 2019

A famosa Gloria Sanchez visita o Carballal !!!

Gloria Sánchez visitou ao Carballal  para  responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto.
Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as.
Se queres ver máis pincha na imaxe.


4 feb 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para celebrar o día da Ilustración, todos/as con papel e lapis na man e escoitando música, decidímonos a debuxar o que nos saía ao escoitala música, una vez rematada a ilustración a colocamos nun mural para que toda a comunidade educativa as poidan ver.

3 feb 2019

DÍA DA PAZ

Na nosa celebración do Día da Paz elaboramos un mural coas cousas que cada un de nós considera moi importanteS para lograr a PAZ.