29 may 2026

LETRAS GALEGAS

Este ano o día das "Letras Galegas" adicouse a Begoña Caamaño, periodista e escritora galega, e nós, ademáis de adicarlle un rincón nos corredores e na biblioteca, ensalzamos a súa obra no noso festival anual das Letras Galegas e adicámoslle unha sección no noso primeiro programa de radio escolar:



 

20 may 2026

VISITA DE MARTA VILLAR

O alumnado de 3º recibiu a visita de Marta Villar, autora de "Os peidos máxicos de Sultán". Encantoulles compartir ese ratiño con ela. Moitas grazas!



13 may 2026

VISITA DE ANXO FARIÑA

O alumnado de infantil, 4º, 5º e 6º recibiu a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, que lles fixo unha demostración en directo das súas dotes co debuxo empregando como fío condutor as personaxes do libro que leu cada curso. Foi un placer compartir ese ratiño con el! Grazas!



3 may 2026

LECTURA E FAMILIAS 2025/2026

Unha vez máis disfrutamos no centro da visita da contadora de historias Raquel Queizás. Neste caso acudiu como parte do programa "Lectura e familias" e marabillounos co seu espectáculo "TRAVESÍAS", introducindo a nenos, mestres e familias no mundo da fantasía empregando simplemente a súa voz e elementos sinxelos como os monicreques.




Foi un pracer contar outra vez contigo!

24 abr 2026

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O alumnado de 1º, 5º e 6º recibiu a visita de Érica Esmorís que lles falou sobre a súa obra e, en concreto, sobre o libro que leron en cada un dos cursos. Foi un placer compartir ese ratiño con ela! Grazas!



DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o día do libro levando a cabo unha actividade que xa é tradición no noso centro: "TI+EU= UN LIBRO".
Os máis cativos desfrutaron da lectura ao aire libre dun conto por parte dos seus padriños lectores e plasmaron nun debuxo o que máis lles gustou do mesmo. Abofé que o mellor foi o tempo compartido!






 

22 abr 2026

CONTACONTOS

Un ano máis, no mes de abril, levamos a cabo no cole a actividade de contacontos entre alumnado. Os rapaces e rapazas dos cursos superiores son os encargados de ler ou dramatizar distintos contos nas aulas dos máis cativos promovendo así o gusto pola lectura e a creación de lazos entre eles.


 

17 mar 2026

8M

Este curso para conmmemorar o 8M fixemos entre todos un mural no que formamos unha silueta feminina con "carnés" de mulleres relevantes na historia. Para isto empregaron como fontes de información os diferentes recursos sobre esta temática postos a súa disposición na biblioteca.  

                                     

Este mural é un pequeno reflexo de tódalas mulleres que fixeron historia. Moitas máis seguen a loitar cada día pola igualdade, a xustiza e a liberdade. No Día Internacional da Muller, celebramos os seus logros e comprometemonos a seguir apoiando o progreso cara un mundo máis equitativo para todas.











1 mar 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 


Con esta selección de recursos os rapaces de infantil e primaria prepararon cantigas, versos e información biográfica de Rosalía de Castro para participar no acto conmemorativo que lle adicamos todos os anos a esta poetisa e novelista tan importante na literatura galega.










DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz" poñendo en marcha a III CARREIRA SOLIDARIA CARBALLAL-CABRAL co fin de recadar fondos dirixidos a favor da investigación da enfemidade Alexandre.


Deste xeito os nenos comprenderon de primeira man a importancia de ser solidarios e empáticos cos demáis, dous valores fundamentais para lograr unha sociedade de paz e non violencia, e nós, dende o equipo de biblioteca, tamén aportamos unha selección de recursos para poder traballar nas aulas outros valores esenciais para conseguir ese obxectivo: