19 dic 2013
GRACIAS POLA INFORMACIÓN PARA O PROXECTO!!!!
GRACIAS aos concellos de O CEBREIRO, TRIACASTELA, SARRIA, SAMOS, PORTOMARÍN, PALAS DE REI, MELIDE, ARZÚA,O PEDROUZO, O PINO E SANTIAGO, por atendernos, colaborar e enviarnos a información para o noso proxecto.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
18 dic 2013
O conto de "O Apalpador"
Coma todos os anos por estas datas, o Apalpador baixa dende o Courel a visitar aos nenos e nenas galegos e deixarlles agasallos. Entra pola noite nos seus cuartos, mentres están durmidos, e apálpalles a barriga para ver se están mantidos. Despois deixa os agasallos e unha presa de castañas sobre a mesiña de noite.
Queredes saber máis?
Pois non tendes máis que pinchar nos seguintes enlaces e gozar cos contos deste entrañable personaxe galego.
O conto do apalpador
Aquí podemos ver algunhas fotos da actividade, pero ata a volta das vacacións non poderemos mostralas todas:
Aquí podemos ver algunhas fotos da actividade, pero ata a volta das vacacións non poderemos mostralas todas:
17 dic 2013
RECOMENDACIÓNS DE NADAL.
5 dic 2013
As regueifas do Camiño
Esta semana tivemos un obradoiro de regueifas con Caruncho e Tito. Eles ensináronnos a crear regueifas e nós fixemos as nosas sobre o Camiño de Santiago, do mesmo xeito que eles agasalláronnos coa súa gran aportación ao noso proxecto coa súa regueifa do Camiño.
Aquí están as nosas regueifas!!!!
Mi película from 3º ciclo on Vimeo.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
20 nov 2013
O Camiño en cómic.
Estámonos sumerxindo no Camiño, para iso o alumnado de quinto elaborou diferentes cómics sobre historias do mesmo.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
As novas do Camiño!!!
Aquí están as novas do Camiño de Santiago publicadas no xornal do Carballal, polos autores do 3º ciclo.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
Xa están de camiño......
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
15 nov 2013
"Antía, Wamba e o regato pequeno"
Dentro do programa da campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade”, o Concello de Vigo está a proporcionarnos aos centros educativos, actividades para fomentar a educación para a solidariedade e o desenvolvemento.
Entre estas actividades, no noso Colexio, o pasado mércores día 13 de Novembro, puidemos disfrutar do espectáculo teatral “Antía, Wamba e o regato pequeño”, do grupo A Tropa de Trapo. Este espectáculo cóntanos catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir, de valorar, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… Historias que nos fixeron disfrutar, pero sobre todo, sentir e pensar.
Búsqueda de información
Unha vez que xa temos o camino feito, comezamos coa nosa búsqueda de información. A información buscarémola a través de tres vías: en internet, chamaremos directamente os concellos ou oficinas de turismo para que nos aporten a información que poídan e facendo unha búsqueda material na casa.
Estamos traballando na primeria e segunda vía da búsqueda de información.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
Xa esta feito o noso camiño.....
Xa acabamos ca primeria fase do proxecto. Consistía en crear o camiño que vamos a facer ata o seu final. Para iso decoramos o noso pasillo co peregrino, cas etapas que vamos a percorrer e a chegada a catedral. Aquí unha mostra do resultado.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
Empeza o camiño.......
Comezamos a nosa etapa, o noso novo curso, do mesmo xeito que empezamos o noso novo proxecto de biblioteca. Este ano o noso proxecto será o Camiño de Santiago: o camiño Francés dende Galicia ata Santiago.
Para iso, o primeiro paso será meternos no noso papel de peregrinos, ambientando os corredores cos nosos sombreiros, cos nosos mapas de etapa e convertíndonos en peregrinos, vendo como temos que ir vestidos.
Aquí esta o resultado do noso primeiro traballo.

Etiquetas:
Camiño de Santiago,
Educación Documental
14 nov 2013
Mapa Viaxeiro
Este ano o tema do proxecto de
biblioteca é “Coñezamos Galicia. Vivamos
coma galegos!”, por iso, no canto de
enviar o conto viaxeiro, este ano imos facer o mapa viaxeiro.
Solicitámoslles as familias que participen
nesta actividade situando no mapa un lugar de Galicia que visitasen e lles
gustase. Poderán contar que é o que máis lles gustou dese lugar, por que o recomendarían,
que monumentos ou institucións visitaron, etc. Tamén poderán ilustrar a páxina do mapa
viaxeiro ou pegar fotografías. Os traballos serán entregados con data límite o 9 de
xaneiro de 2014.
8 nov 2013
EXPOSICIÓN TEMÁTICA: OUTONO E O MAGOSTO
4 nov 2013
Comeza a viaxe da Mochila Viaxeira
Co motivo do Día das Bibliotecas Escolares as Mochilas Viaxeiras comezaron a súa viaxe polos distintos fogares. Sandra foi a primeira en disfrutar da mochila do 2º Ciclo.
Etiquetas:
Día das bibliotecas escolares,
Mochila viaxeira
30 oct 2013
Feliz Samaín!

O 30 de Outubro celebramos a festividade de Samaín. Pasámolo xenial cos nosos gorros de bruxa, cos contos e historias e coas rimas, cancións e bailes que, como todos os anos, fixeron desta festa un día máxico.
Tamén tivemos a tradicional exposición de cabazas e elaboramos contos de Samaín.
As historias que escoitamos foron: "A figueira de pelos tortos", "Non teño medo", "The witches house" e "The kingdom of witches".
Deixámosvos aquí o vídeo de "The kingdom of witches" para que recordedes esta celebración.
23 oct 2013
EXPOSICIÓN TEMÁTICA: SAMAÍN
Preparándonos para Samaín, xa temos no expositor os libros relacionados co tema. Podedes disfrutar deles nas sesións de lectura:
DIA DAS BIBLIOTECAS E TRADICIÓN ORAL
O 24 de outubro celebrase o día internacional das Bibliotecas.
No noso Colexio, a causa da folga que afecta ao ensino, trasladaremos a súa celebración, ao día seguinte día 25.
A actividade fundamental que vamos a levar a cabo, consistirá na lectura dun conto empregando o sitema de "streaming", que consiste na emisión da lectura do conto en directo a través de internet. Tamén aproveitaremos para celebrar a semana da tradición oral.
7 oct 2013
PROXECTO DAS MEIGAS
O alumnado de Infantil durante este curso investigará sobre uns personaxes moi importantes na historia de Galicia, as meigas, xa que como din por ahí: "habelas hailas". Para comezar decoramos a nosa entrada ao edificio cun mural e uns móviles.
PROXECTO: AS MEIGAS
O alumnado de Infantil ao longo deste curso traballará o proxecto das "Meigas". Este proxecto englóbase dentro da proposta de traballo feita dende a biblioteca que ten como tema principal "Galicia". Con él preténdese que o alumnado coñeza un dos personaxes máis míticos da nosa terra. Xa que como din por aí "habelas hailas". Para comezar o proxecto o primeiro que fixemos foi decorar a entrada do noso edificio.
27 sept 2013
CURSO 2013-2014
CARBI DAVOS A BENVIDA A UN NOVO CURSO ESCOLAR
ONDE O NOSO LEMA SERÁ:
"VIVAMOS COMO GALEGOS, COÑEZAMOS GALICIA"
A BIBLIOTECA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS A PARTIR DO DÍA 1 DE OUTUBRO
3 jul 2013
1 jul 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO II.
Comezamos facendo os carteis de Roberto Vidal Bolaño e agora por fin chegaron os nosos vídeos.
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Letras Galegas
26 jun 2013
VISITOUNOS ELVIRA PÉREZ
Este ano o alumnado de Educación Primaria mergullouse no estupendo libro "A contar ovellas".
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.
.
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.
CHEGARON OS NOSOS CONTOS!
Por fin chegaron a nosa biblioteca os contos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!
18 jun 2013
Aquí esta o noso CONTO VIAXEIRO de 3º CICLO!!!
3 jun 2013
Carbi meets... Fairy Tales!!
During this school year, Carbi left the walls of the library and went out looking for adventure.
He went to palaces, forests, lakes and seas... he even spent a few days in Paris!1 jun 2013
CONTOS CLÁSICOS: SEGUNDO CICLO.
Xa escollemos o título do noso conto grupal: "O mundo de metal".
Estamos rematando as últimas pinceladas, esperamos expoñer o resultado en breves.
Só nos falta encuadernar e publicitar, ser editores da moito choio!
Nas seguintes imaxes podedes ver o noso traballo cando:
Estamos rematando as últimas pinceladas, esperamos expoñer o resultado en breves.
Só nos falta encuadernar e publicitar, ser editores da moito choio!
Nas seguintes imaxes podedes ver o noso traballo cando:
- Escribimos contos a partires de imaxes (personaxe + lugar + obxecto máxico)
- Comezamos a ilustrar o noso conto.
- Escollemos o título do conto grupal.
- Ilustramos "Carbi coñece a..." Conto grupal elaborado por todos os nenos e nenas do colexio na clase de Plástica.
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos segundo ciclo,
Educación Documental
QUEN É CASTELAO?
Quen é Castelao?
Imos facer unha visita a bibliocarbi para averigualo.
Conseguirémolo?
Pois claro que si!
Imos facer unha visita a bibliocarbi para averigualo.
Conseguirémolo?
Pois claro que si!
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Formación de usuarios
TALLER DE POESÍA: UN SOMBREIRO, UN POEMA CANTAREIRO.
Todo comezou con un sombreiro...
Que poema vai co teu sombreiro?Carbi esconderá algún poema especial para ti na biblioteca?
Podes ser un/unha pirata, unha bruxa, unha bailarina ou bailarín, unha domadora ou domador de circo, un rei, unha raiña ... en fin podes ser o que queiras.
Pensando, rimando, escribindo e traballando non sabemos moi ben como, pero chegamos ao AMOR e tamén ao DESAMOR e nese mesmo intre acordamos escribir o noso propio libro de poemas.
Velaquí está!
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Formación de usuarios,
Poesía
CARTEIS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Despois de moito investigar, xa resolvemos a primeira tarefa que nos pedía a webquest de Roberto Vidal Bolaño.
Velaquí tedes os resultados:
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Letras Galegas
OS CONTOS: AULA DE 4 ANOS.
Os nenos e nenas de 4 anos gozamos moitísimo traballando os contos que tanto nos gustan.
Traballamos as fórmulas de comezo e final, cales son os obxectos máxicos dos contos, as personaxes... escollemos o Gato con Botas como nome de aula.
Para rematar todo este traballo escribimos o noso propio conto "Trogloditas" que xurdiu nun momento de loucura...
Querédelo ver? Esperamos que vos guste tanto como a nós.
OS CONTOS: AULA DE 3 ANOS.
As nenas e nenos de tres anos pasámolo xenial traballando o conto de Riciños de ouro.
Estamos rematando as nosas creacións, prestade moita atención porque axiña estarán colgadas no blogue.
31 may 2013
PSICOMOTRICIDADE: FÁBULA DA LEBRE E A TARTARUGA
Os nenos de Infantil representamos a "Fábula da lebre e a tartaruga" en psicomotricidade.
Fomos a tartaruga indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.
Fomos a tartaruga indo paseniño pero sin pausa e tamén fomos a fachendosa lebre, correndo moi rápido e deitándonos a comer amorodos e a durmir unha sesta.
PINTURAS RUPESTRES.
Despois de investigar sobre a Prehistoria, atopamos un libro na biblioteca onde nos explicaba paso por paso como se facían as pinturas rupestres. Que sorte!!
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado.
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado.
Etiquetas:
Educación Documental,
Formación de usuarios
30 may 2013
PROXECTO: "SEA OF TALES"
Nas clases de inglés tamén traballamos os contos clásicos:
1. Coñecemos o vocabulario e expresións máis típicas deste tipo de historia: como empeza, como rematan, as persoaxes, os lugares nos que pasan os feitos...
2. Todo o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria fomos a ver unha obra de teatro en inglés sobre o conto clásico "The jungle book". Para a correcta compresion e disfrute da obra, traballamos previamente nas clases de inglés tanto o vocabulario como as cancións, as cales nos gustaron moito.
Jungle Book on PhotoPeach
presentación Jungle Book from Carballal on Vimeo.
3. Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria realizaron un traballo de investigación buscando información sobre o autor desta historia: Rudyard Kipling
4. Os máis pequenos xogaron a descubrir a que conto corresponde cada un dos títulos en inglés das historias.
English tittles of stories from Carballal on Vimeo.
5. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria buscou información sobre os irmáns Grimm, autores de moitas das máis famosas historias clasicas coñecidas.
Brother Grimm from 3º ciclo on Vimeo.
6. Os alumnos de 6º prepararon distintos contos en inglés para contarlle a o resto dos nenos do colexio:
Sin tÃtulo from Carballal on Vimeo.
Hansel and Gretel from 3º ciclo on Vimeo.
Jungle Book on PhotoPeach
presentación Jungle Book from Carballal on Vimeo.
3. Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria realizaron un traballo de investigación buscando información sobre o autor desta historia: Rudyard Kipling
4. Os máis pequenos xogaron a descubrir a que conto corresponde cada un dos títulos en inglés das historias.
English tittles of stories from Carballal on Vimeo.
5. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria buscou información sobre os irmáns Grimm, autores de moitas das máis famosas historias clasicas coñecidas.
6. Os alumnos de 6º prepararon distintos contos en inglés para contarlle a o resto dos nenos do colexio:
- Ruth, David e Aine prepararon "Little Red Riding Hood" para contarlle a os nenos e nenas de Educación infantil.
- Aida, Mario e Nerea prepararon "Hansel and Gretel" para contarlle aos nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Primaria.
Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro
Caligramas nos contos, publicitamos o noso conto, dramatización de contos, conto viaxeiro e Teatro Negro
Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto.
Descripción de paisaxes dos contos, poemizamos os contos e empezamos a crear o noso propio conto.
Análise morfosintáctico nos contos
Análise morfosintáctico nos contos
Entrevistamos os personaxes dos contos e transformamos os contos a estilo directo e indirecto
Entrevistamos os personaxes dos contos e transformamos os contos a estilo directo e indirecto
O xornal dos contos. Comunicación a través do correo electrónico, sms e notas dos contos.
O xornal dos contos. Comunicación a través do correo electrónico, sms e notas dos contos.
Anécdotas e Cómics dos contos.
Anécdotas e Cómics nos contos.
Ampliando e recortando contos. En qué persoa está o conto??
Ampliando e recortando contos. En qué persoa está escrito o conto??
Conto Viaxeiro do 3º ciclo
Conto Viaxeiro on PhotoPeach
29 may 2013
SÓ TE PODES SENTAR... SE TES ALGO QUE CONTAR!!!
Personaxes principais e secundarios.Cambio de papeis dos personaxes.
Personaxes principais e secundarios.Cambio de papeis dos personaxes on PhotoPeach
Partes dos contos clásicos e elementos da comunicación
Partes dos contos e elementos da comunicación
Fichas bibliográficas dos contos
Ficha Bibliográfica on PhotoPeach
Memoria de autores clásicos.
Memoiria de autores on PhotoPeach
POR FIN: O NOSO CONTO E O CARTEL PUBLICITARIO!!!
Despois de tanto traballo ao longo de todo o curso no noso Proxecto da Biblioteca estudiando e analizando os contos clásicos aquí temos o noso conto!!!!
28 may 2013
O PROXECTO DO PRIMEIRO CICLO
Os nenos e nenas de primeiro de primaria estivemos a traballar durante todo ano no proxecto dos contos clásicos e...pasámolo xenial!!
Velaquí tedes unha mostra disto...
26 may 2013
24 may 2013
Festival das Letras Galegas 2013
Xa están aquí os vídeos e as fotos do Festival das Letras Galegas!
Premede na imaxe para visitar a páxina web do cole onde atoparedes os vídeos e os enlaces para ver as fotografías.
22 may 2013
Teatro Negro: Pedro e o Lobo
Este ano a representación do Teatro Negro foi do conto clásico de Pedro e o Lobo.
Teatro Negro Pedro e o lobo on PhotoPeach
Teatro Negro Pedro e o lobo on PhotoPeach
21 may 2013
Coñecendo a Roberto Vidal Bolaño
O 3º ciclo estivo investigando e coñecendo a Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas deste ano.
Traballando a Roberto Vidal Bodaño on PhotoPeach
Etiquetas:
actividades,
Educación Documental,
Letras Galegas
16 may 2013
Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a traballar os contos clásicos na "Pizarra Máxica" (PDI)
Toca traballar un pouco a memoria realizando a actividade "Parellas". Estámolo pasando moi ben, moi ben. on PhotoPeach
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil
Os nenos e nenas de Educación Infantil traballamos os contos clásicos na " Pizarra Máxica" (PDI).
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!
Para comezar traballamos a actividade" Clasificación" que nós coñecemos como SI-NON. on PhotoPeach
Continuaremos traballando os contos na "Pizarra máxica". Ata a próxima!!!
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil
14 may 2013
Promocionando o noso conto
Unha vez convertidos en auténticos escritores de contos clásicos, agora temos que promocionar os nosos contos para que os leades,asi que fixemos uns murais publicitarios.
Cartel publicitario on PhotoPeach
Cartel publicitario on PhotoPeach
O noso conto
O alumnado de terceiro ciclo estivemos traballando os contos clásicos. Aprendimos moitas cousas: cal é a súa estructura, os personaxes, as características, ..... despois de tanto traballar o longo do ano, convertímonos en escritores e fixemos os nosos propios contos.
O noso conto on PhotoPeach
O noso conto on PhotoPeach
12 may 2013
7 may 2013
Recomendacións literarias. 3º e 4º de Primaria
O 23 de Abril celebrouse o día do Libro. Xa sabedes que quen ten un libro, ten un tesouro e estamos seguros de que todos vós tedes un libro (polo menos) ao que lle tedes un cariño especial.
Nós decidimos celebrar o Día do Libro lembrando os nosos Libros Amigos e facendo unhas video-recomendacións para compartilos con vós. Non perdades ningunha porque son xeniais!
Alejandro, Izan, Lucía A. Paula, Diego, Pablo
Ramón, Ione, Luci P. Raquel, Xián, Ainhoa, Uxía
Samuel, Paula, Anxo, Alba D. Yvette, Nico, Alba A., Manuel
Nós decidimos celebrar o Día do Libro lembrando os nosos Libros Amigos e facendo unhas video-recomendacións para compartilos con vós. Non perdades ningunha porque son xeniais!
Lembrade que podedes ampliar os vídeos e poñelos a pantalla completa
Alejandro, Izan, Lucía A. Paula, Diego, Pablo
Ramón, Ione, Luci P. Raquel, Xián, Ainhoa, Uxía
Samuel, Paula, Anxo, Alba D. Yvette, Nico, Alba A., Manuel
23 de Abril. Día do Libro. Libros fóra
A semana do 23 de Abril, Día do Libro, aproveitamos o bo tempo que tiñamos e os espazos verdes dos que dispoñemos no cole para sacar os libros ao patio durante a hora de lectura.
Pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos en infantil e tamén en Primaria
Pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos en infantil e tamén en Primaria
5 may 2013
PROXECTO DA AULA DE 5 ANOS
Os nenos e nenas da aula de cinco anos, seguimos traballando o Conto Clásico de Brancaneves. Este conto, foi escrito polos irmáns Grimm, é un conto de tradición oral alemán, que recolleron eles por escrito. Como todos os contos clásicos estructúrase en tres partes: Inicio, nó e desenlace. Ademais tamén descubrimos que a historia dunha nena chamada: María Sophia Marghareta Catharina von Erthal, inspirou este conto.
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Aquí tendes unha mostra do traballado:
Etiquetas:
actividades,
Contos clásicos infantil,
Educación Documental
2 may 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega"
Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi.
O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.
Información recollida das seguintes webs:
http://www.diadasletrasgalegas.com/
Biblioteca Virtual Galega.
Blogue de Roberto Vidal Bolaño.
traballamosxuntos.blogspot.com
29 abr 2013
CONTACONTOS DO ALUMNADO DO IES CASARES
O pasado xoves día 25 de abril, viñeron a nosa biblioteca algúns alumnos e alumnas do IES Carlos Casares. Acudiron a contar e dramatizar contos ao alumnado de Infantil, como por exemplo: A ratiña presumida, Lobo feroz, A Cebra Camila, O coelliño branco,... Foi unha experiencia inesquecible e marabillosa na que o noso alumnado gozou moito.
Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.
Dende aquí agradecémoslle o esforzo e traballo do alumnado e profesorado do IES Carlos Casares, e convidámolos a que volten cando queiran.
Pedro e o Lobo
O terceiro ciclo esta a traballar o conto de "Pedro e o Lobo", e esta vez tivo que investigar sobre o seu autor e facer un mural do mesmo.
Pedro e o lobo on PhotoPeach
"A contar ovellas" polo 3º ciclo.
Traballo que fixo o terceiro ciclo do libro que lemos " A contar ovellas".
Contando ovellas on PhotoPeach
Somos contacontos!!
O alumnado do terceiro ciclo convertímonos en auténticos contacontos para contarlles a os nosos compañeiros do colexio uns contos moi divertidos. Pero iso leva moito traballo, posto que hai que preparar decorados, vestiario, personaxes,.... aquí tedes o resultado!!!
1º Parte.... on PhotoPeach
2º parte on PhotoPeach
Adiviñando contos!!
O alumnado de terceiro ciclo estivemos adiviñando as personaxes dos contos clásicos que representaban mimicamente os nosos compañeiros, algúns foron fáciles e outros difíciles.
Adiviñando contos on PhotoPeach
28 abr 2013
A MALETA CONTAREIRA
A maleta contareira comeza a súa andanza no centro polas aulas de Infantil. Que sorpresa e alegría levaron todos os nenos e nenas con esta maleta chea de moitas historias.
Despois percorreu as aulas do primeiro ciclo...que ben o pasamos!!!!
Continuou o seu percorrido no segundo ciclo...
E rematou a súa andaina no terceiro ciclo.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















