19 dic 2013

GRACIAS POLA INFORMACIÓN PARA O PROXECTO!!!!

GRACIAS aos concellos de O CEBREIRO, TRIACASTELA, SARRIA, SAMOS, PORTOMARÍN, PALAS DE REI, MELIDE, ARZÚA,O PEDROUZO, O PINO E SANTIAGO, por atendernos, colaborar e enviarnos a información para o noso proxecto.

18 dic 2013

O conto de "O Apalpador"

     Coma todos os anos por estas datas, o Apalpador baixa dende o Courel a visitar aos nenos e nenas galegos e deixarlles agasallos. Entra pola noite nos seus cuartos, mentres están durmidos, e apálpalles a barriga para ver se están mantidos. Despois deixa os agasallos e unha presa de castañas sobre a mesiña de noite.

     Queredes saber máis? 
     Pois non tendes máis que pinchar nos seguintes enlaces e gozar cos contos deste entrañable personaxe galego. 


O conto do apalpador

Aquí podemos ver algunhas fotos da actividade, pero ata a volta das vacacións non poderemos mostralas todas: 

5 dic 2013

As regueifas do Camiño

Esta semana tivemos un obradoiro de regueifas con Caruncho e Tito. Eles ensináronnos a crear regueifas e nós fixemos as nosas sobre o Camiño de Santiago, do mesmo xeito que eles agasalláronnos coa súa gran aportación ao noso proxecto coa súa regueifa do Camiño. Aquí están as nosas regueifas!!!!

Mi película from 3º ciclo on Vimeo.