21 dic 2010

Contacontos de 4º E.P. "ANANO SALTAREIRO"

Carbi tivo unha grata visita. Os alumnos de 4º fixeron un contacontos do "Anano Saltareiro" e quixérono compartir cos seus compañeiros dos outros cursos na biblioteca. Esperamos que todos disfrutaran con eles pois puxéronlle moito interese para facelo estupendamente!!



Se queredes ver as fotos de o ben que o pasaron clickade sobre as mesmas.

Guia de Lecturas para Pais de Nadal

Ler é moi san para todos, e o noso amigo Carbi ofrecenos unhas suxerencias para este Nadal para os nosos pais.

ESTAS ESTRELAS BRILLAN MOITO!!!!!

ESTAMOS NO NADAL E NON PODÍAN FALTAR AS ESTRELAS. AS QUE VOS AMOSAMOS A CONTINUACIÓN NON SON ESTRELAS NORMAIS, SON XENIAIS!!!!!! DISFRUTADE DO VIDEO. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


CARBI DESÉXAVOS BO NADAL A TODOS!!!!!

14 dic 2010

PORQUE LER ESTÁ DE MODA?????

BOTÁDELLE UN OLLO A ESTE VIDEO, NEL EXPLÍCAVOS AS VENTAXAS DUN BOOK "LIBRO" E PORQUE LER ESTÁ DE MODA. ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS, DEIXÁMOVOS ESTA PREGUNTA:

ESTADES DE ACORDO CO VIDEO?????

CLICADE NA IMAXE!!!


25 nov 2010

O NOSO REGALO PARA CARBI!!!

Os nenos e nenas de primeiro quixemos agasallar a Carbi polos libros que nos presta, polo ben que se porta connosco e para que teña unhas novas amigas que lle fagan compaña. Queredes ver como nos quedaron???? 




Xa nos contarás se che gustaron!!!!! Moitas grazas Carbi!!!!!

18 nov 2010

A TERRA DO ARCO FELIZ

Hoxe os nenos e nenas de Infantil e do primeiro ciclo recibiron a visita da Fundación DEVI na biblioteca. Contáronnos un conto titulado "A terra do Arco Iris" para rematar cunha pequena sesión de relaxación!!!! 
Que sensacións e tranquilos quedamos!!!!! 



16 nov 2010

O CAZO DE LORENZO

Aquí vos deixamos un conto para pensar. Non o dubidedes, só tedes que facer clic na imaxe e a disfrutar!!!!! Seguro que despois de le-lo teredes outro punto de vista!!!!!

15 nov 2010

ASI É INTERNET!!

Internet é un mundo moi amplo e inmenso, o cal temos que coñecer ben para poder sacarlle o máximo partido e non levar sorpresas desagradables. Aquí tedes uns consellos de como empregar ben Internet. Pincha sobre a imaxe e moi atento ao que nos dín.


12 nov 2010

LECTURA DUN CONTO POLOS NENOS DE PRIMEIRO!!

Os nenos e nenas de primeiro quixemos agasallar aos nosos compañeiros coa lectura dun conto moi divertido: "A castaña que rebentou coa risa".O que non agardávamos era que os nenos e nenas de 4º tamén nos contaran un a nós. Moitas Grazas!!!! 

Se queredes ver como foi a nosa viaxe, ollade este video!!!!




10 nov 2010

O MAGOSTO

Chega o outono, e con el os froitos típicos da época: as aveláns, as noces, as castañas,... ¡As castañas! e con elas a festividade do Magosto. Se queres saber un pouco máis sobre o magosto, as castañas, o castiñeiro aquí tes un libro que che pode axudar, e senón na biblioteca tamén podes atopar información. Ánimo e a indagar!!!

9 nov 2010

OS CONTOS NO TEATRO

O próximo 13 e 14 de novembro ás 12:00 celebrarase no Teatro-Cine Salesianos (Rúa Venezuela, 3 – Vigo), a representación do conto infantil:

" TONIÑO E O TÍO VICENTE"

 

Narra as aventuras dun neno de cidade durante unhas vacacións vividas no seu pobo. No transcurso delas, obtén grandes coñecementos sobre a cooperación, o traballo e a amizade, a través de numerosas vivencias e historias que o seu tío lle conta.
Entrada gratuíta. Aforo limitado. Recollida das entradas na billeteira do teatro os días da representación de 10:00 a 11:45 h.

2 nov 2010

A VISITA DE HORRIPILUS!!

Como xa sabedes Horripilus veunos visitar o día do Samaín, convidado por Carbi, para que levase todos os nosos medos.E así o fixo, levounos os berros de medo e os nosos medos, pero deixounos un pequeno recordo, que non é mais que iso, un recordo do que eran os medos dos nen@s do Carballal. Aquí os tedes!!


27 oct 2010

LECTURAS PARA SAMAIN

Temos que aproveitar o tempo, e o voso compañeiro Carbi preparouvos unha serie de libros do SAMAIN que podedes ler e desfrutar na compaña dos vosos. Aquí tedes libros para os mais peques, para os adultos e para os nosos pais!!!


ACHÉGASE O SAMAÍN!!!!

Parece que esta preto o Samaín, e para ir comenzando aqui tedes unha terrorífica canción para irnos poñendo o día. Ánimo e a cantar!!!


26 oct 2010

XA ABRIU O XIMNASIO DA IMAXINACIÓN!!!

Ola a todos e todas!! Carbi creou o seu espazo virtual na rede ¿e qué será iso? pois iso é o blog da biblioteca. Nel poderedes atopar miles de cousas moi interesantes e curiosas que tedes que descubrir, así como tamén iredes vendo o que vamos facendo dende a biblioteca.
Aquí vai a primeira entrega:
Abriu a biblioteca, démoslle a benvida aos novos lectores así como tamén lle demos os carnets da biblioteca. Recordáronnos cales eran as normas da biblioteca e para que a podemos empregar.
Xa comezamos a nova andaina dos contos e mochilas viaxeiras, cas que disfrutaremos na casa cos nosos pais, avós, curmáns,... da lectura de diversos libros e da creación dun conto.