23 may 2018

Un mes de contos no Carballal

Como cada ano, abril convertese no mes do libro no noso colexio.
Neste mes os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º preparan un conto en grupo e llo van a contar aos nenos/as de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e tamén a os avos e avoas que esperan ansiosos e con moita ilusión os seus contos.
Moitas gracias a tódolos nenos/as que fixeron posible esta fantástica actividade!

15 may 2018

VISITA DE IAGO LÓPEZ

O pasado venres, 11 de maio, acudiu a nosa biblioteca o escritor Iago López, autor do libro: "O cociñeiro Martiño" . Este libro foi traballado previamente nas aulas de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria. Ademais de contarnos o seu conto dun xeito marabilloso, que a tod@s nos encantou, o escritor tamén respondeu as nosas preguntas e firmounos autógrafos. Aquí tendes un resumo desta visita tan especial.



13 may 2018

OS MAIOS.

    Como tódolos anos por estas datas traballamos xuntos e xuntas para facer un fermoso maio e así celebrar esta estupenda festividade. Este ano contamos coa colaboración especial das nais e pais pertencentes a Comisión de Festexos, moita grazas a todas e a todos. Quedou precioso! Pinchade na imaxe se queredes ver máis ;).