16 mar 2013

8 de Marzo. Día da Muller.

O 8 de Marzo celebrouse o Día da Muller.
No cole decidimos facer un mural homenaxeando ás mulleres que coñecemos e ás que admiramos pola dedicación ao seu traballo, sexa fóra da casa, na casa ou en ambos lugares. Moitos parabéns a todas!

Proxecto de Contos Clásicos en 2º Ciclo

Ola a todos e todas! Carbi está moi contento co traballo do alumnado de 2º Ciclo como biógrafos!
Xa está rematada esta actividade e temos unha exposición sobre os autores de Contos Clásicos na biblioteca. Non deixedes de visitala!
Atoparedes información sobre os Irmáns Grimm, Andersen, Perrault, Carlo Collodi e Gianni Rodari así como unha pequena escolma das súas obras.
Para que non perdades detalle, deixámosvos unhas fotos.



Tamén vos deixamos unhas imaxes do comezo da seguinte parte do proxecto. Agora que xa sabemos moito sobre a vida dos autores, imos a convertirnos nós mesmos en autores de conto... Xa estamos empezando a imaxinar historias, a ver o que sae destas mentes tan espertas!


Cóntasme un conto? En Primaria

O alumnado de Primaria tamén desfrutou das nais e pais contacontos.
Escoitamos grandes historias como "O traxe novo do emperador", "A princesa e o chícharo" ou "A Casiña de Chocolate".
Pasámolo en grande e vivimos as historias coma si estivesemos dentro delas, e todo gracias á destreza das nais e pais colaboradores, aos que agradecemos enormemente a súa participación.
Compartimos con vós algunhas imaxes.

7 mar 2013

Cóntasme un conto?

No mes de febreiro, os alumnos e alumnas de Infantil, tiveron a visita dalgunhas nais e pais que viñeron a biblioteca a contarnos un conto clásico como por exemplo: os Músicos de Bremen, Carapuchiña, Pinocho ou o Parrulo Feo. Foi unha experiencia moi gratificante, é por iso que queremos agradecer aos pais e nais participantes a súa colaboración.
Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos nesta actividade.
 
 
CONTASME UN CONTO? on PhotoPeach