30 nov 2015

KAMISHIBAI

En outubro e novembro gozamos cos Kamishibais elaborados polos/as nosos/as compañeiros/as. A temática escollida foi o medo e o outono.
A biblioteca de Carbi e as aulas de Infantil convertéronse en auténticos teatros onde puidemos gozar coas diferentes historias.
Velaquí tedes a mostra.

10 nov 2015

Contacontos "O soño de Ester"


 
     A continuación temos a presentación do contacontos en imaxes cos nenos e as nenas. Esperemos que vos guste. Unha apreta!

6 nov 2015

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN A LECTURA

Rescatamos esta xoia da rede xa que pensamos que a súa mensaxe segue, e seguirá, de actualidade.

Que vos parece?

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí outro curso as MOCHILAS VIAXEIRAS. Como ben sabedes son unha pequena escolma de todo o que podedes atopar na Biblioteca para compartir a lectura en familia e que coñezades a diversidade de recursos que temos e así animárvos a visitarnos. Xa sabemos que non da tempo a ler todos os libros que viaxan nelas, pero de seguro que algún desperta a vosa curiosidade e gañas de ler ou compartides algún rato fermoso en familia con algunha das sorpresas que viaxan nelas.
Este curso o lema das Bibliotecas Escolares é "BIBLIOTECAS ESCOLARES, BASE DE EXPLORACIÓNS" e ahí mandámosvos uns emisarios marabillosos para as vosas exploracións.