27 dic 2025
1 dic 2025
25 N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA
Un ano mais conmemoramos o 25N traballando co poema "Aquel príncipe arrogante" no que un dragón come ao principe por tratar mal as mulleres. A partir disto os rapaces e rapazas debían dar de comer ao dragón aquelas imaxes nas que os homes están a ter comportamentos violentos coas mulleres e colocar no "Muro do bo trato" aquelas nas que os homes amosan condutas contrarias á violencia.
Ademais, tamén preparamos na biblioteca un expositor con temática relacionada coa violencia machista, que mestres e alumnos puideron consultar ao longo de toda a semana.
Cabe destacar tamén que, uns días antes, tivemos no cole a @raquelqueizas, unha marabillosa contadora de historias que nos achegou á vida de Nellie Bly para ensinarnos que a igualdade está na nosa man e que dramatizou tamén o conto "O chuvasqueiro de Aurora" (co cal conmemoramos o 25N o curso anterior).Esta visita forma parte do 2º premio conseguido polo alumnado de 6º no concurso da Deputación de Pontevedra "E ti... que pensas da igualdade?"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
