17 may 2020

XIV CERTAME LITERARIO DO CARBALLAL.



Podes enviar os teus traballos a edlgcarballalcabral@gmail.com

Os traballos poden entregarse en formato word, odt, pdf ou fotografía. 



Non esquezas poñer:

  • Nome, apelidos e curso.
  • Modalidade de participación (poesía, narrativa ou cómic).
  • Categoría na que participas (familias, infantil e 1º EP, 2º e 3º EP, 4º,5º e 6º EP ou nais e pais).
É importante que:

  • Se envías o teu traballo en fotografía, asegúrate de que a foto non está borrosa.
  • Corrixe as faltas de ortografía.
  • Non esquezas que é en GALEGO.
  • Se participas na categoría cómic non esquezas pintar con cariño os debuxos e bordear as letras para que se vexan ben.

16 may 2020

NOTICIA- SALÓN DO LIBRO-DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe , 17 de maio , día das Letras Galegas compartimos con vós esta  proposta do Salón do libro de Pontevedra.

SALÓN DO LIBRO-DÍA 17 DE MAIO


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Os Bolechas. Carvalho Calero

En atención á excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística,pon no portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
( Compartido desde o Portal da Lingua Galega)




As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero



15 may 2020

LECTURA EN FAMILIA. UN PUÑADO DE BOTÓNS

Para festexar este día en familia ,recomendámosvos este conto "UN PUÑADO DE BOTONES" de Carmen Parets Luque,  que fala da diversidade familiar, esperamos que vos guste.

LIBROS DE FAMILIAS, FAMILIAS DE LIBROS

Hoxe, 15 de maio festexamos o día da familia, e unha boa maneira de celebralo é lendo.
Aquí deixámosvos unha pequena e variada selección de libros que falan das familias, dos diferentes tipos de familias...que son moitos e moi variados .
FELIZ DÍA, FAMILIAS DO CEIP CARBALLAL- CABRAL!

ESCOLA VIRTUAL DE LECTURA PARA FAMILIAS CURIOSAS

Para todas esas familias curiosas con inquetudes lectoras, o SALÓN DO LIBRO, tráenos cada semana unha charla. Podedes consultar as datas e as horas no seguinte programa.
E podedes atopar a información aquí :




14 may 2020

REVISTA O PAPAGAIO


Como polo momento non podemos ir á biblioteca , xunto a Carbi, pois chega ata aquí a revista O Papagaio deste mes de maio.

Revista O Papagaio mes de maio



RECÍTANNOS POEMAS

Aixa e a súa familia recítannos un poema
Estas dúas imaxes que aparecen pertencen unha, á portada e contraportada do libro do que sacaron o poema, e outra co poema e debuxo de Castelao. 
O libro é do avó de Aixa e Xián, e podedes ver na contraportada que se traba dun libro editado cos cartos de artistas galegos para promociona-la lingua  galega. 





https://drive.google.com/open?id=1cis1Y6KZJcMR-zcG6wHtmMFlCzklZlDi

Moitas grazas a Aixa, Xián , ao seu avó e a súa familia.

CÓNTANNOS CONTOS

Mateo Juncal cóntanos o conto "Paco Papán"




Moitas grazas Mateo


CÓNTANNOS CONTOS

Daniela fálanos  dun ou de máis contos?



Moitas grazas , Daniela

Cóntannos contos

Valeria cóntanos un conto dunha maneira diferente.





Moitas grazas , Valeria