25 oct 2018
24 oct 2018
SAMAÍN/HALLOWEEN
Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen. Para os pobos celtas isto simbolizaba o principio do ano céltico, a fin do verán e o comezo do inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois, as portas do outromundo abríanse nestas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e as seus moradores para render contas inacabadas. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as cabeiras ilumninadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
Mochilas viaxeiras
Etiquetas:
Día das bibliotecas escolares,
Mochila viaxeira
23 oct 2018
Día internacional das Bibliotecas Escolares
XA PODEDES VISIONAR Á LECTURA COLECTIVA DO LIBRO DE "O PRINCIPIÑO" QUE TIVO LUGAR NA NOSA BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Premede na imaxe!!
18 oct 2018
OLLO Á PUBLICIDADE!!
Pincha na imaxe para escoitar a fantástica cuña publicitaria que fixeron os nenos e nenas do equipo Galaxy de sexto de primaria para a nosa biblioteca.Carbi escoitouna con atención e está preparado. E vós?
De que será a publicidade?
2 oct 2018
1 oct 2018
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2018-2019
O día 1 de outubro ábrese novamente a biblioteca para este curso. E Carbi invitanos a ir moito por alí, a facerlle visitas e a disfrutar de todos os tesouros que el desexa compartir con nós.
E así o fixemos...alá fomos todos e todas cos nosos carnets! E mira que sorpresa nos atopamos:
TODOS ESTES ASTRONAUTAS!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






