5 dic 2014

Tradición Oral



Xa están aquí os audios  coa recompilación da tradición oral popular da nosa zona.

6º curso

5º curso

4º curso

3º curso

2º curso

1º curso

5 anos

4 anos

3 anos

5 nov 2014

Recomendacións e suxestións dos lectores!!!

Este curso xa podedes recomendar as lecturas que máis vos gustan aos vosos compañeiros. Para iso só tedes que pedir unha ficha aos axudantes da Biblio para cubrila e metela dentro do libro antes de devolvelo. Logo os axudantes da Biblio colocarano nun novo espazo fóra da biblio para que todo o mundo poida velos. Animádevos a recomendar!!!
Seguro que botades de menos algúns dos vosos títulos, personaxes ou autores preferidos na Biblioteca. Pois é a hora de que fagades suxestións ao equipo de Biblio, para que dentro das súas posibilidades, teñan presentes os vosos gustos para adquirir novos fondos. Tan só tedes que pedir unha ficha de suxestións na Biblio e cubrila. Animádevos a suxerir!!!

29 oct 2014

Este ano mollámonos!

No seguinte symbaloo atoparedes os recursos para o primeiro ciclo necesarios para navegar polo marabilloso mundo da auga .



No expositor temos toda a documentación sobre a auga que podedes atopar na Biblioteca. Estade atentos porque imos engadir mais recursos durante o curso.


24 oct 2014

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

O 24 de Outubro, celebrase o día internacional das Bibliotecas Escolares, e como non? Nos tamén celebramos esta conmemoración. Este curso igual que o pasado decidimos realizar unha maratón de lectura, onde todos os nenos e nenas do colexio poideramos participar desta celebración. Así mesmo esta maratón retrasmitirase en directo para toda a comunidade educativa, mediante un video en Streamming. Aquí vai!!!

13 oct 2014

Seguimos recibindo novas de Carbi:

Este ano mollámonos!!!

O pasado día 3 de outubro, os nenos e nenas de 3º ciclo, tiveron a oportunidade de comprobar o que Carbi nos dixo na súa presentación para este curso, e fomos a Bouza a practicar actividades de auga como Vela ou kayak para "mollarnos"
http://terceirociclocarballal.blogspot.com.es/2014/10/este-ano-mollamonos.html 
Pincha na foto para ver máis información

6 oct 2014

Clube de lectura

Clube de lectura - As bruxas de Roald Dahl on PhotoPeach

1 oct 2014

CURSO 2014-2015

Benvidos a un novo curso na Biblioteca de Carbi. Hoxe recibimos unha moi grata sorpresa pola mañá! Chegou a nosa clase esta carta de Carbi...


Que ben o imos pasar!!!


2 jul 2014

CARBI MEETS... GALICIA!

1st and 2nd grade took Carbi to some of the best locations in Vigo like the Zoo, Samil Beach, García Barbón theatre, Balaídos, the airport of Vigo, Carballal School... and many others.
There, Carbi lived adventures and discovered our beautiful city. 

3rd and 4th grade took Carbi to the place he knows better: the sea. Carbi visited many lighthouses like Illa Pancha, Fisterra, Tower of Hércules and others. And also visited some of the islands in Galicia like San Simón, Ons, Cíes...
He spent a good time with pirates and marine creatures such as penguins, mermaids, jellyfish and others. 

With 5th and 6th grade Carbi discovered many places in Galicia, all along the way to Compostela. He visited Triacastela, Arzúa, Melide... and many others. 
Carbi now can wear the scallop shell proudly! 

20 jun 2014

COÑECENDO CABRAL.

     O proxecto de biblioteca deste ano era Coñezamos Galicia. Vivamos como galegos/as!.

     No primeiro ciclo traballamos arreo para coñecer Cabral, que é unha parroquia de Vigo onde viven a maioría dos nosos alumnos/as. O resume de todo o noso traballo está recollido no seguinte vídeo, que foi o que presentamos hoxe na macroconferencia celebrada no colexio, onde todos os compañeiros/as falaron dos seus proxectos. Desexamos que vos guste e que aprendades tanto coma nós.



12 jun 2014

O Proxecto de Illas

Xa hai algo de tempo que rematamos o proxecto das Illas de Galicia e agora compartímolo con vós.
Nesta parte do proxecto Illas e Faros elaboramos mapas temáticos sobre a costa de Galicia.
Neles tratamos temas tan amplos como as rías de Galicia, a economía costeira de Galicia, a biodiversidade da costa de Galicia e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Aquí estamos traballando concienzudamente...




E aquí co resultado do noso traballo!


5 jun 2014

MAPA VIAXEIRO.

O resultado da actividade foi fantástico, tivemos que encadernar os vosos traballos en dous volumes.
Agora mesmo están en exposición á entrada do colexio para que toda a comunidade educativa poida gozar con esta fermosa viaxe por Galicia. Aquí tendes unha fotos que se converterán nun libro virtual en canto poidamos. 
Grazas pola colaboración.
Carbi.


VIVAMOS COMO GALEGOS

Os nenos de 5º de Primaria, dentro do proxecto Descubrindo o Norte, editaron un tríptico informativo sobre os muiños naviculares de soporte fixo na Serra do Galiñeiro.

4 jun 2014

FRAN ALONSO.

     O vindeito 13 de xuño visitaranos os estupendo escritor Fran Alonso.
     Os nenos e nenas do 1º ciclo están á espera con un montón de cuestións no maxín despois de ler o fermoso libro "O meu gato é un poeta".


     Se queres saber máis sobre este escritor visita o domicilio virtual de Fran Alonso ( <= pincha no seu nome).
     Se queres saber máis do gato poeta, visita a súa web http://gatopoeta.net/


VISITOUNOS FINA CASALDERREY

     A escritora galega Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey), visitou a Bibliocarbi para dar unha grata sorpresa aos lectores/as do 2º ciclo de primaria.
     O libro escollido polo 2º ciclo foi O misterio do faro vello.
     

Aqui podes atopar algunhas fotos da actividade:
 

26 may 2014

COÑECENDO A FONDO A CATEDRAL DE SANTIAGO

O pasado 22 de maio, o alumnado de terceiro ciclo tivo a oportunidade de contar coa presenza de Roberto, licenciado en Historia da Arte, quen lles explicou de forma sinxela e atractiva a historia da fermosa Catedral de Santiago. Esta charla organizouse como remate final do proxecto levado a cabo por estes nenos e nenas ao longo do curso sobre "O Camiño de Santiago".



Os faros 3º 2ªparte

Proxecto faros 3º curso 2ª parte on PhotoPeach

Os faros 3º curso

Proxecto dos faros 3º curso on PhotoPeach

21 may 2014

E ASÍ FOI COMO FIXEMOS O NOSO CAMIÑO DE SANTIAGO

Este foi o traballo de todos os peregrinos que percorremos o camiño durante este ano. Foi un camiño divertido, emocionado, duro, traballoso, .... pero o final foi un bo proxecto.


 

 As etapas do camiño que fixemos podédelas atopar nunha entrada anterior deste blog.

20 may 2014

CABRAL ESCRÍBESE CON C DE...

Comezamos o 2º trimestre coa actividade que da nome a esta entrada.
Cabrál escríbese con C de....
Despois de recoller todas as palabras , clasificámolas en categorías.
E resultou que Cabral  ten moitísimos ces agochados no seu nome.




O NOSO CAMIÑO REMATADO

Aquí vos presentamos o noso camiño realizado durante todo o ano.

  ETAPA 1: O CEBREIRO ALBA e ANTÓN

 

ETAPA 2: TRIACASTELA ALBA D. e AARÓN

   

ETAPA 3: SAMOS RAÚL e UXÍA S.

   

ETAPA 4: SARRIA SAMUEL e CLARA

 

ETAPA 5:  PORTOMARÍN  UXÍA R. PAULA



ETAPA 6: PALAS DE REI  MANUEL  e JENNI



ETAPA 7: MELIDE  ANXO e  YVETTE



ETAPA 8:  ARZÚA  NICO e ANDREA



ETAPA 9: SANTIAGO  ANXO e  YVETTE

19 may 2014

Entrega de premios Certame Literario

O vernres día 16 de maio e unha vez rematado o festival das Letras Galegas, levouse a cabo a entrega de premios correspondentes a o Certame Literario deste ano.
Os premiados foron:


CATEGORÍA
TÍTULO
AUTOR
NARRATIVA
Infantil e 1º de primaria
“Angus”
Iria Alonso Sienes (1º)

2º e 3º de primaria
“Xoan e o futbol”
Diego Alonso Sienes (2º)

4º, 5º e 6º de primaria
“Era unha vez”
Alba Dapena Costas (5º)
POESÍA
Infantil, 1º e 2º de primaria
Deserto

2º e 3º de primaria
Deserto

4º, 5º e 6º de primaria
“O mencer”
Alba Alonso Soto (5º)
ADULTOS

“Queres que che conte un segredo”
Luis González Rodríguez
FAMILIAS

“A razón dun libro”
Paula Rodríguez Alonso  (4º) e
Encarnación Alonso Pérez

 Queremos agradecer a participación de todos os participantes e animamoslles a volver a intentalo na vindeira edición, igual que a todos os demais membros da comunidade educativa.


12 may 2014

17 de Maio. Día das Letras Galegas

Este ano o autor homenaxeado é Xosé Mº Díaz Castro, o cal traballamos a súa biografía e dous dos seus poemas.

3,2,1.... Pouco falta para a presentación

Para preparar a nosa presentación do camiño precisamos gravar as etapas feitas.....

Chegamos a Santiago

Xa conseguimos a nosa compostelana, e xa aprendimos moito nesta nosa peregrinación. Aquí está o noso camiño.

Camiñando, traballando,.... fixemos o camiño

O segundo e terceiro trimestre dedicámonos a traballar toda a información, para saber por onde pasábamos, qué podíamos visitar, comer, facer,... en cada etapa.

O nadal en Santiago

Con bastante retraso, aquí presentamos o noso nadal deste ano queo pasamos en Santiago.


11 may 2014

Vida e obra de Xosé María Díaz Castro

É unha dos mellores poetas da segunda metade do século XX en Galicia. Discreto pero brillante, Xosé María Díaz Castro pasa case desapercibido por pasar boa parte da súa vida fora de Galicia.

Naceu en Vilariño, concello lugués de Guitiriz, pero estuda no seminario de Mondoñedo, lugar idóneo para un futuro escritor,xa que nel estudan tamén outras grandes personalidades das verbas galegas. Os seus estudos foron interrompidos pola Guerra Civil e xa non volverá a retomalos, polo que deixa a carreira no seminario e dedícase a docencia. Máis tarde múdase a Madrid onde comeza a súa carreira de tradutor.

A súa obra literaria concéntrase nun único libro de poemas de nome Nimbos (1961), onde a meirande parte dos temas que trata teñen que ver co sentimento relixioso e a Terra.

Destaca o poema Penélope, que foi cantado polo grupo musical A Quenlla, que o fixo máis popular se cabe.

De volta a súa terra natal a os 80 anos, publica algúns textos na revista Dorna. E dende entón, a Asociación Cultural Xermolos traballou para o recoñecemento deste poeta. 



PENÉLOPE

UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, 

i a tea dos teus sonos non se move. 

A espranza nos teus ollos se esperguiza. 

Aran os bois e chove. 



Un bruar de navíos moi lonxanos 

che estrolla o sono mól coma unha uva. 

Pro tí envólveste en sabas de mil anos, 

i en sonos volves a escoitar a chuva. 



Traguerán os camiños algún día 

a xente que levaron. Deus é o mesmo. 

Suco vai, suco vén, Xesús María!, 

e toda a cousa ha de pagar seu desmo. 



Desorballando os prados coma sono, 

o Tempo vai de Parga a Pastoriza. 

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. 

Un paso adiante i outro atrás, Galiza! 



Nimbos (1961)

Na páxina de Letras Galegas poderás atopar diferentes enlaces nos que poderás atopar moita máis información.
http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/p/blog-page.html

6 may 2014

Our Celtic roots!

As this year we have been working about the project: "Vivamos como galegos, coñezamos Galicia", we though it is very important that we learn about our origens.
We could find out that Galicians are coming from a celtic culture as well as Irish and Scotish people. Therefore, we have got  many things in common as: monuments, festivals, music, traditions...
As María, the conversation assistant is from Scotland, we could discover with her, all the celtic features of the scotish culture.
ACTIVITIES :


In the english class we were learning about our ascendants “The Celts”.
The littlest kids discovered that in the center of Vigo, there is a hill called “O Castro”. And they found out that this name comes from an ancient town, whose ruins can still be seen in this hill. They also could learn more about them through the story of “King Arthur” or the Asterix and Obelis adventures. 



In 1st grade they made a beautifull poster drawing  all the items they learn about the Celts. 



In 2nd and 3rd grade we learnt a lot of information through a  Quest, based on the presentation the teacher made for us. 


In 4th, 5th and 6th grade we  worked in small groups to find out information about the Celtic culture in Galicia. We were looking for information in the library, at home and internet, then we prepared the presentation to share this information with all of the other students. 

 
We learnt who were the celts, where they came from, where  they lived, about  their religion, their economy, art, battles and weapons, and their festivals and music. 

In 5th and 6th we worked with María about our common celtic roots between Galicia and Scotland. She made a presentation and then we discussed about all the things both countries have in common. In small groups we made a poster with this similitarities under the tittle: “Scotland and Galicia... the Celtic Nations”.




ARTS
As part of the project “Vivamos como galegos… Coñezamos Galicia”  and “Celtic Roots”, all the kids in Primary made a medallion with a Celtic Symbol and following the Sargadelos Style. We discovered how important was this company for the Galician Art and culture along the last century. 


In the arts classes we were working on the project  “Carbi  meets… Galicia”






And here you can see the result and find out more about our work :

http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/2014/07/carbi-meets-galicia.html


COCIÑA DE CONTOS

O pasado luns, 5 de maio, gozamos no noso centro cunha actividade de contacontos. Nesta actividade, escoitamos contos relacionados con temas culinarios e ata fixemos unha sopa. Para rematar, decoramos pratos, con tres tipos diferentes de ingredientes. Foi unha actividade moi motivadora, aquí tendes a proba.

30 abr 2014

SEMANA DA LECTURA AO AIRE LIBRE.


Coa chegada do bo tempo e coincidindo coa celebración do Día do Libro, había que saír a ler fóra. 


23 abr 2014

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

   Esta data (23 de abril) foi escollida para celebrar o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" xa que coincidía co óbito de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

   A continuación tendes un conxunto de curtas que teñen como tema central os libros, eses obxectos máxicos que nos transportan a multitude de paisaxes e nos permiten converternos no que queiramos... Unha bruxa no deserto, un príncipe  na selva, un capitán pirata nunha illa, unha arqueóloga, un historiador...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS!


8 abr 2014

XENIAIS CONTACONTOS DURANTE O MES DE MARZO.

Este ano contamos ca presenza duns estupendos/as  contacontos, que percorreron o colexio durante todo o mes de marzo,  na busca de ointes que os quixeran escoitar e... todos os nenos/as de infantil e 1º ciclo de primaria estiveron encantados coa súa visita.


VII Certame Literario no CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

         Xa está aberto o prazo para participar no Certame Literario do noso Centro. Este ano imos xa pola VII edición. Animamos a toda a comunidade escolar a presentar os seus traballos, tanto os nenos/as como familias.

6 abr 2014

Celebración do

O pasado día 2 de abril,  para celebrar este día especial,  cada familia elaborou unha ficha de recomendación dun libro que lles gustou especialmente. Esta ficha puideronna pegar persoalmente no mural colocado na entrada do colexio.