29 ene 2011

OS CORAZÓNS DA PAZ DO 1º CICLO

Os nenos e nenas do primeiro ciclo puxemos nos corazóns os nosos maiores desexos de PAZ. Queredes ve-los????? Dádelle o play.


OS CORAZÓNS DA PAZ on PhotoPeach

22 ene 2011

LIBROS PARA SOÑAR "SESIÓNS DE CONTACONTOS"

LIBROS PARA SOÑAR retomará o venres 21, a partir das 18:30 horas, as sesións habituais de animación á lectura para público infantil e xuvenil. A programación desta nova tempada vai comezar centrada en libros sobre solidariedade e multiculturalidade, con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro. “Bailar nas nubes”, da autora e ilustradora arxentina Vanina Starkoff e editado por KALANDRAKA, foi finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010. Trátase dun libro cun enfoque multidisciplinar: por unha banda, aboga pola convivencia e o respecto entre persoas de diferente procedencia; por outra, reflexiona sobre as relacións sociais e a compaña fronte ao aillamento individual e a soidade.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf 986 433 768 | lps@kalandraka.com

Aquí vos deixamos as actividades programadas para este primeiro trimestre:



21 ene 2011

DÍA DA PAZ

Ola a todos!!!!! Co motivo da celebración do día da Paz púxenme en contacto cos meus amig@s. 

A miña amiga Matilda, que vive na biblioteca do CEIP Outeiro das Penas (Cesantes),  envioume un conto moi bonito sobre a amizade e a vantaxe de facer as cousas entre todos e non ti só. Se queredes ler este magnífico conto e despois facer as súas actividades, só tendes que clicar na imaxe.




GRAZAS MATILDA!!!!!

Pero como Carbi ten moitos amig@s, outra compañeira deixoulle outra actividade sobre o Día da Paz, que quere compartir convosco. A disfrutar!!!!!