25 mar 2022
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
O alumando de 5º e 6º puideron coñecer a Andrea Maceiras, autora do libro " A folla azul". Tiveron a oportunidade de escoitar as súas experiencias como escritora e preguntarlle todas aquelas cousas que lles interesaban. E para rematar, cada un levou o seu libro adicado e firmado!! Moitísimas grazas!!
VISITA DE ÉRIKA ESMORÍS
A autora do libro "Patio de Luces" estivo de visita polo cole. Esta obra encantoulles ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria. Érika charlou con todxs nos e contestou pacientemente a todas as nosas inquedanzas. Moitísimas grazas!!
7 mar 2022
DÍA DE ROSALÍA
En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas (“Lieders” e “Las literatas”), o seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu.
Por outro lado, Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. E Galicia como preocupación social e política, sempre sobre o fondo da súa Terra de Iria, continúa sendo o suxeito do seu discurso no que debería considerarse libro cume da poesía en castelán do XIX: En las orillas del Sar.
O pasado 23 de febreiro, conmemoramos tan notable día para nós con diferentes actividades.
Deixamos por aquí algunhas imaxes.
8 de marzo - Día Internacional da Muller
Co gallo do Día Internacional da Muller, xa temos preparada na biblio a exposición de libros para conmemorar a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como personas, en pé de igualdade co home.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













