26 jun 2013

VISITOUNOS ELVIRA PÉREZ

Este ano o alumnado de Educación Primaria mergullouse no estupendo libro "A contar ovellas".
Ao final, visitounos Elvira Pérez a autora. Contounos moitas cousas, e pasámolo xenial.
Aquí está o vídeo da súa visita.

.

CHEGARON OS NOSOS CONTOS!

Por fin chegaron a nosa biblioteca os contos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.
Traballamos arreo durante todo o ano para facelos, pero mereceu a pena!


3 jun 2013

Carbi meets... Fairy Tales!!

During this school year, Carbi left the walls of the library and went out looking for adventure.
He went to palaces, forests, lakes and seas... he even spent a few days in Paris!
During his trip, he made lots of friends: he met Puss in Boots, Goldilocks, Mowgley and Baloo, Aladdin, Pinocchio, Hansel and Gretel, The Nutcracker, Alice, Rapunzel, Ali Baba... and many other characters from your favorite Fairy Tales.
Don't miss it out! You can read this wonderful book in the library. Enjoy it!

No 3º ciclo recomendámosche..........


00218 from 3º ciclo on Vimeo.

00214 from 3º ciclo on Vimeo.

00217 from 3º ciclo on Vimeo.

00216 from 3º ciclo on Vimeo.

00215 from 3º ciclo on Vimeo.

1 jun 2013

CONTOS CLÁSICOS: SEGUNDO CICLO.

   Xa escollemos o título do noso conto grupal: "O mundo de metal".
   Estamos rematando as últimas pinceladas, esperamos expoñer o resultado en breves.
   Só nos falta encuadernar e publicitar, ser editores da moito choio!
   Nas seguintes imaxes podedes ver o noso traballo cando:

  • Escribimos contos a partires de imaxes (personaxe + lugar + obxecto máxico)
  • Comezamos a ilustrar o noso conto.
  • Escollemos o título do conto grupal.
  • Ilustramos "Carbi coñece a..." Conto grupal elaborado por todos os nenos e nenas do colexio na clase de Plástica.



QUEN É CASTELAO?

Quen é Castelao?
Imos facer unha visita a bibliocarbi para averigualo.
Conseguirémolo?
Pois claro que si!

TALLER DE POESÍA: UN SOMBREIRO, UN POEMA CANTAREIRO.

   Todo comezou con un sombreiro...
   Que poema vai co teu sombreiro?
   Carbi esconderá algún poema especial para ti na biblioteca?
   Podes ser un/unha  pirata, unha bruxa, unha bailarina ou bailarín, unha domadora ou domador de circo, un rei, unha raiña ... en fin podes ser o que queiras.
   Pensando, rimando, escribindo e traballando non sabemos moi ben como, pero chegamos ao AMOR e tamén ao DESAMOR e nese mesmo intre acordamos escribir o noso propio libro de poemas.
Velaquí está!

CARTEIS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

       Despois de moito investigar, xa resolvemos a primeira tarefa que nos pedía a webquest de Roberto Vidal Bolaño.

Velaquí tedes os resultados:

OS CONTOS: AULA DE 4 ANOS.


   Os nenos e nenas de 4 anos gozamos moitísimo traballando os contos que tanto nos gustan.
   Traballamos as fórmulas de comezo e final, cales son os obxectos máxicos dos contos, as personaxes... escollemos o Gato con Botas como nome de aula.
   Para rematar todo este traballo escribimos o noso propio conto "Trogloditas" que xurdiu nun momento de loucura...
   Querédelo ver? Esperamos que vos guste tanto como a nós. 


OS CONTOS: AULA DE 3 ANOS.


   As nenas e nenos de tres anos pasámolo xenial  traballando o conto de Riciños de ouro.
   Estamos rematando as nosas creacións, prestade moita atención porque axiña estarán colgadas no blogue.