22 abr 2016

DÍA DO LIBRO

Nestes enlaces temos recomendacións para ler no Día do Libro, ou para calquera outro día.

http://elpais.com/elpais/2016/04/21/fotorrelato/1461251391_950201.html#1461251391_950201_1461254685




18 abr 2016

OS NOSOS PRIMEIROS PASOS CO PROXECTO

Nas aulas de Infantil xa empezamos a dar os nosos primeiros pasos co Proxecto deste curso "O cine", para eso empezamos a ambientar as nosas aulas, creando os nosos recantos do Proxecto e recabando información sobre o tema. Aquí tendes unha pequena mostra do noso traballo.









13 abr 2016

Contacontos por un día

Do 27 de marzo ao 9 de abril os alumnos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, convertironse en contacontos por un día, para ir a contarlle contos aos pequenos do colexio. Tanto os contadores dos contos como os espectadores, disfrutaron moitísimo desta aventura.

TRADICIÓN ORAL

Xa estamos colgando os traballos de tradición oral. O iremos actualizando pouco a pouco.


10 abr 2016

IX Certame Literario

Convócase unha nova edición do Certame Literaio do CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral. Xa vamos pola IX edición:
Bases do concurso:
  • Os traballos deben ser entregados en tamaño A4, cunha extensión máxima de tres folios por unha sola cara. Poden ser manuscritos ou mecanografiados e poden vir acompañados de debuxos. 
  • Os traballos deben ser inéditos e en galego. 
  • As modalidades do Certame son dúas: poesía e narrativa. 
  • Só se poderá participar nunha categoría, que se indicará no relato xunto ao nome ou nomes dos autores. 
  • As categorías de participación son: 
         - Infantil
         - 1º curso
         - 2º curso
         - 2º ciclo
         - 3º ciclo
         - Nais/pais
         - Familias
  • A DATA LÍMITE de entrega dos traballos é o 6 de maio. 
O equipo de Biblioteca animavos a todos/as a participar cos vosos escritos, estamos seguros que dentro de moitos de vós hai un fantástico escritor ou escritora escondido e que queremos atopar.

Grazas de antemán pola vosa participación!