29 may 2025

VISITA DE IRIA MISA

Os alumnos de 5⁰ de primaria recibiron a visita de Iria Misa, autora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust".

Foi un pracer compartir un tempo de charla con ela e encantounos que se integrara coma unha máis no noso grupo de debate. Grazas, Iria!






25 may 2025

MALETAS VIAXEIRAS DO CFR VIGO

Este curso poidemos disfrutar na nosa biblioteca das maletas viaxeiras do CFR VIGO, polo que durante unhas semanas tivemos a nosa disposición máis exemplares de libros de banda deseñada/cómic e de inclusión. 




JORGE CAMPOS

O alumnado do primeiro ciclo de primaria recibiu a visita de Jorge Campos, o autor e ilustrador de "Capitán Lentella". Todos disfrutaron moito coa súa visita! Moitas grazas!



9 may 2025

REFRÁNS E HISTORIAS ASOMBROSAS.

O alumnado de 4º de primaria fixo unha recollida de refráns e ditos da tradición oral galega. Nesta recollida participaron pais, nais, avós, avoas...
Despois da recollida decidimos transcribilos para compartilos co resto de alumnos/as do colexio.
Para completar o noso traballo creamos historias que rematan cun dito ou refrán da nosa escolla.
Todo isto ilustrado con moito cariño.
Velaquí queda a proba.