25 nov 2010

O NOSO REGALO PARA CARBI!!!

Os nenos e nenas de primeiro quixemos agasallar a Carbi polos libros que nos presta, polo ben que se porta connosco e para que teña unhas novas amigas que lle fagan compaña. Queredes ver como nos quedaron???? 




Xa nos contarás se che gustaron!!!!! Moitas grazas Carbi!!!!!

18 nov 2010

A TERRA DO ARCO FELIZ

Hoxe os nenos e nenas de Infantil e do primeiro ciclo recibiron a visita da Fundación DEVI na biblioteca. Contáronnos un conto titulado "A terra do Arco Iris" para rematar cunha pequena sesión de relaxación!!!! 
Que sensacións e tranquilos quedamos!!!!! 



16 nov 2010

O CAZO DE LORENZO

Aquí vos deixamos un conto para pensar. Non o dubidedes, só tedes que facer clic na imaxe e a disfrutar!!!!! Seguro que despois de le-lo teredes outro punto de vista!!!!!

15 nov 2010

ASI É INTERNET!!

Internet é un mundo moi amplo e inmenso, o cal temos que coñecer ben para poder sacarlle o máximo partido e non levar sorpresas desagradables. Aquí tedes uns consellos de como empregar ben Internet. Pincha sobre a imaxe e moi atento ao que nos dín.


12 nov 2010

LECTURA DUN CONTO POLOS NENOS DE PRIMEIRO!!

Os nenos e nenas de primeiro quixemos agasallar aos nosos compañeiros coa lectura dun conto moi divertido: "A castaña que rebentou coa risa".O que non agardávamos era que os nenos e nenas de 4º tamén nos contaran un a nós. Moitas Grazas!!!! 

Se queredes ver como foi a nosa viaxe, ollade este video!!!!




10 nov 2010

O MAGOSTO

Chega o outono, e con el os froitos típicos da época: as aveláns, as noces, as castañas,... ¡As castañas! e con elas a festividade do Magosto. Se queres saber un pouco máis sobre o magosto, as castañas, o castiñeiro aquí tes un libro que che pode axudar, e senón na biblioteca tamén podes atopar información. Ánimo e a indagar!!!

9 nov 2010

OS CONTOS NO TEATRO

O próximo 13 e 14 de novembro ás 12:00 celebrarase no Teatro-Cine Salesianos (Rúa Venezuela, 3 – Vigo), a representación do conto infantil:

" TONIÑO E O TÍO VICENTE"

 

Narra as aventuras dun neno de cidade durante unhas vacacións vividas no seu pobo. No transcurso delas, obtén grandes coñecementos sobre a cooperación, o traballo e a amizade, a través de numerosas vivencias e historias que o seu tío lle conta.
Entrada gratuíta. Aforo limitado. Recollida das entradas na billeteira do teatro os días da representación de 10:00 a 11:45 h.

2 nov 2010

A VISITA DE HORRIPILUS!!

Como xa sabedes Horripilus veunos visitar o día do Samaín, convidado por Carbi, para que levase todos os nosos medos.E así o fixo, levounos os berros de medo e os nosos medos, pero deixounos un pequeno recordo, que non é mais que iso, un recordo do que eran os medos dos nen@s do Carballal. Aquí os tedes!!