30 abr 2014

SEMANA DA LECTURA AO AIRE LIBRE.


Coa chegada do bo tempo e coincidindo coa celebración do Día do Libro, había que saír a ler fóra. 


23 abr 2014

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

   Esta data (23 de abril) foi escollida para celebrar o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" xa que coincidía co óbito de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

   A continuación tendes un conxunto de curtas que teñen como tema central os libros, eses obxectos máxicos que nos transportan a multitude de paisaxes e nos permiten converternos no que queiramos... Unha bruxa no deserto, un príncipe  na selva, un capitán pirata nunha illa, unha arqueóloga, un historiador...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS!


8 abr 2014

XENIAIS CONTACONTOS DURANTE O MES DE MARZO.

Este ano contamos ca presenza duns estupendos/as  contacontos, que percorreron o colexio durante todo o mes de marzo,  na busca de ointes que os quixeran escoitar e... todos os nenos/as de infantil e 1º ciclo de primaria estiveron encantados coa súa visita.


VII Certame Literario no CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

         Xa está aberto o prazo para participar no Certame Literario do noso Centro. Este ano imos xa pola VII edición. Animamos a toda a comunidade escolar a presentar os seus traballos, tanto os nenos/as como familias.

6 abr 2014

Celebración do

O pasado día 2 de abril,  para celebrar este día especial,  cada familia elaborou unha ficha de recomendación dun libro que lles gustou especialmente. Esta ficha puideronna pegar persoalmente no mural colocado na entrada do colexio.