14 nov 2023
23 oct 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O vindeiro mérores, 25 de outubro, celebraremos o "Día das Bibliotecas EScolares", e farémolo cunha lectura conxunta de todo o alumnado de "A Maior Flor do Mundo" de José Saramago.
Deixaremos por aquí, unha curta animada deste conto.
E, como sempre, animaremos a mañá acudindo caracterizadxs de personaxes de contos!!
Xa colgaremos fotiños do guapísimxs que estaremos e o ben que nos quedará esa lectura!!
9 oct 2023
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!!!
O pasado venres, 6 de outubro tivemos un gran acto de inauguración para a apertura do uso da bilio do centro!! Tendo en conta a temática a traballar este ano no cole, "A Revolución dos Caraveis", coñecimos a historia, coñecimos a lenda do Galo de Barcelos, cantamos a fermosa canción Grándola, Vila Morena... e pintamos os nosos propios azulexos típicos portugueses!!!
Aquí deixamos algunhas imaxes do gran día
5 may 2023
8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional da Muller non se trata dunha celebración que mereza felicitacións nin regalos, se non que é unha conmemoración que busca dar forza e voz á muller naqueles ámbitos onde todavía non se recoñece o seu valor e importancia.
No cole, dende a dinamización da biblioteca fixemos unha selección de libros acorde con este día para uso e disfrute de toda a comunidade educativa, ademais organizouse un taller de chapas onde canda neno e nena diseñou a súa propia.
Un día xenial cunha ensinanza importante!!
3 may 2023
DÍA DO LIBRO
Non hai mellor xeito de conmemorar o día do libro que apadrinar e axudar aos máis peques a desfrutar dunha boa lectura!!
Os maiores escolleron contos magníficos e leron e debuxaron cos compis dos ciclos máis baixos, montando e editando un libro xenial que gardaremos na biblio para disfrute de toda a comunidade educativa!!
RAMÓN VEIGA "Os contos da Miñoca"
O noso admirado Ramón Veiga visitou o noso cole e quedamos encantadísimas coa súa presencia!! Ensinámoslle o noso traballo baseandonos na súa obra e inventámonos a "Miñoca e Oso", cremos que conseguimos sorprendelo moito!!
Deixamos aquí algunhas imaxes desta fermosa actividade!!
27 abr 2023
ANXO IGLESIAS "UNHA NOVA DIMENSIÓN"
O pasado 13 de abril, o alumnado de 6º gozou coa divertida e interesantísima visita do escritor Anxo Iglesias. O alumnado gozou moitísimo da lectura da súa obra "Unha nova dimensión" e recomendan efusivamente este libro a todos e todas as amantes da lectura.
Mostramos parte da súa intervención na aula onde os/as cativos/as disfrutaron da súa presencia.
10 ene 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Coa proximidade das vacacións de Nadal, dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos facervos unhas recomendacións lectoras para entreter aos máis peques da casa!!
Agardamos que vos gusten!
Bo Nadal!
30 nov 2022
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase o 3 de decembro. O seu principal obxectivo é visibilizar o apoio á inclusión social das persoas con discapacidade. Esta data foi elexida para facer un chamamento universal para lograr unha sociedade o máis inclusiva e acesible posible. Trátase de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en cada ámbito da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Dende a biblio do cole temos selecionados un conxunto de libros e contos para poder traballar sobre este aspecto ademais de propoñer diferentes páxinas de curtametraxes e contos que podedes disfrutar dende as vosas casas!!
CONTOS DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
24 nov 2022
MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!!!
Outro curso e xa están aquías "Mochilas Viaxeiras". Os libros son fiestras abertas ao mundo, porque grazas a eles temos a oportunidade de ver, de coñecer, de viaxar, de aprender...
Durante a infancia, a familia é o principal referente en tódolos ámbitos, polo que debe selo tamén no exercicio da lectura. Esta mochila é unha invitación á lectura en familia, unha pequena escolma do que podemos atopar na BIBLIOTECA ESCOLAR.
Xunto cos materiais tamén mandamos o "Caderno Viaxeiro" para que cada familia aporte as súas impresións sobre a actividade, os materiais, o libro que máis vos gustou... podedes facer algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento.. en fin, o que queirades manifestar.
Ánimo e boas lecturas!!
4 nov 2022
SAMAÍN
E que ben o pasamos e que guapos e guapas iamos!!! Con esta festa os celtas conmemoraban o cambio de estación. É unha data que coincidía co final da tempada de cosecha e daba comezo un novo ciclo!! Hoxe en día, mesturada coa festa do Halloween, disfrazámonos terroríficamente, adornamos o cole cos nosos calacús e disfrutamos de talleres xeniales que organizamos coa axuda de nais do cole para disfrute dos máis pequenos!!
25 oct 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no cole. Como cada curso escolar, éste é un día de fomentar o gusto pola lectura. O noso cole convertiuse nun gran espazo onde se mesturaban personaxes moi variados da literatura infantil.
O noso acto deste ano centrouse no diseño e gravación das palabras máis fermosas que coñecemos do galego e relacionar así esta conmemoración co proxecto que estamos a levar a cabo "Marabillas de Galicia".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)