28 ene 2012
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS.
O vello Elías dille a Serafina que ás veces a vida é como ir en bicicleta costa abaixo polo que hai que controlala ben e non deixarse levar polo medo...
Os rapaces/as do 3º ciclo farán unha estupenda viaxe a través deste libro, de Teresa González Costa, gañador do premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2010. O ilustrador desta fantástica obra non é outro que Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador dos libros que estamos lendo no 1º e 2º ciclo do colexio.
MIL COUSAS PODEN PASAR
No fondo do mar, habitado por toda clase de seres vivos, a serea Neda e o tritón Mercurín deciden sair ao exterior , para regalarlle unha coroa ao seu pai polo aniversario...
Mergullaránse tamén os nenos/as do 2º ciclo noutro fantástico libro de Jacobo Fernández Serrano do que, tamén é autor e ilustrador. Esta historia incrible recibiu o premio Merlin de Literatura Infantil no ano 2009. Lina e Pouco levaránvos a través da historia de todos os habitantes da vila de Nil. Só tedes que ler e xa sabedes...
- Eu que sei rapaces/as, mil cousas poden pasar!
A PEDRA E AS FORMIGAS.
Houbo unha vez dúas formigas que, paseando polo campo preto dun bosque tan escuro que metía medo, viron como...
No primeiro ciclo van a ler unha fantástica historia que leva por nome "A pedra e as formigas". O seu autor e ilustrador é Jacobo Fernández Serrano. Mergullarémonos nunha historia fantástica que non deixará indiferente a ninguén.
25 ene 2012
23 ene 2012
UN POUCO DE DANZA GALEGA...
Que arte!!
15 ene 2012
CONTOS CLÁSICOS: MATERIAIS.
Na exposición que está na porta da bibliocarbi podedes atopar todos os materiais para levar a cabo o proxecto deste ano.Lembrade que estes libros non están en prestamo, podedes collelos e empregalos pero teñen que volver a exposición, para que todo o colexio poida traballar con eles.
Xa sabedes, Un mar de contos. Contamos Convosco!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




