31 mar 2017
Videorrecomendación de Febreiro 2017
6 mar 2017
Contacontos no 2º trimestre
Neste segundo trimestre, seguimos coas colaboracións das familias para vir a nosa biblioteca a contar historias ou contos. Neste caso, a historia contada por a nai de Jorge, da aula de tres anos, falaba da cultura esquimal que están a traballar no ciclo de Infantil, das súas costumes e tradicións. Despois da lectura decoramos con boliñas de algodón un mural dun esquimó que nos trouxo a "mamá" de agasallo e quedounos precioso. Aquí tendes unha proba desta lectura.
Día de Rosalía
O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, en memoria do seu nacemento.
Este ano pedimos a colaboración das familias para facer fotos cunha máscara de Rosalía de Castro.
Agradecemos a vosa colaboración e deixámosvos aquí o álbum de fotos que resultou desta actividade.
Moitas grazas a todos e todas! #RosaliaTe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
