19 mar 2014

Talleres de Rosalía




Co gallo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o alumnado dos tres ciclos de Educación Primaria levou a cabo na biblioteca, tres talleres sobre a figura da escritora. Nos tres ciclos investigaron os momentos máis destacados da súa  vida, e sobre todo  a importancia que ten a figura de Rosalía na cultura galega. En 2º e 3º ciclo os nenos e nenas convertéronse en poetas, reinventando e reescribindo algún dos seus poemas máis coñecidos.

Por último creamos un blogue no que colgamos informacións de interese sobre a autora e tamén os  traballos que levamos a cabo sobre ela. 

 blog 

3 mar 2014

Proxecto Illas e Faros de Galicia

Rematamos a primeira parte do noso proxecto! Os Faros de Galicia.




Comezamos debuxando un dos faros máis famosos de Galicia. Deixámosvos unhas imaxes da Torre de Hércules vista con ollos de nen@.




Despois realizamos unha investigación por equipos, na que traballamos catro faros: O Faro de Illa Pancha en Ribadeo, O Faro da Illa de Ons, O Faro da Illa do Medio das Illas Cíes e o Faro de Fisterra.






Deixámosvos aquí os resultados

A Galicia vente xa!

Para celebrar que rematamos a parte de Faros do proxecto Illas e Faros de Galicia, queremos deixarvos esta canción de Xosé Manuel Budiño. Foi o vídeo promocional do Xacobeo 2004 e conta coa colaboración de representantes da cultura galega como son Mercedes Peón, Yolanda Castaño e Nova Galega de Danza entre outros.

Tamén hai representantes de outras culturas que descubriron a beleza de Galicia e participaron da súa promoción: Karen Matheson (Escocia), Alberto Mvundi (Angola), Johnny Kalsi (Británico con ascendente Indio), Bidinte (Guinea-Bissau)


Sabedes en qué Faro de Galicia se gravou este vídeo?