29 jun 2016

OS NOSOS DOCUMENTAIS.

   Este ano o alumnado de 1º de primaria fixose experto na elaboración de documentais.

   A temática escollida para o primeiro documental foi o "8 de marzo", para elaborar este documental decidimos escoller a entrevista como recurso principal para a transmisión de información. Para elo elaboramos dúas entrevistas, unha máis clásica e outra con un toque diferente. Despois disto entrevistamos as mulleres traballadoras das nosas casas e elaboramos unha pequena introdución para darlle contexto ao documental. Tedes máis información deste traballo pinchando aquí.
O resultado foi un documental de 40 minutos que está a vosa disposición na nosa biblioteca.

   A temática escollida para o segundo documental foi "As cores da inclusión". Neste documental mergullámonos de cheo na comprensión do vocabulario que explicaba a temática, fixemos xogos, vimos curtas, fixemos debates, murais, contos.... para chegar a unha fermosa conclusión, para coñecela tedes que ver "As cores da inclusión". Aprendemos a gravar coa cámara de vídeo , sacar fotos, a controlar os sons, a escoller e sintetizar a mensaxe que queriamos transmitir,., Se pinchades aquí podedes acceder a meirande parte das curtas que traballamos en clase.




22 jun 2016

DOCUMENTAL EXPLICATIVO SOBRE O CINE

Neste Curso 2015-16, a temática elexida para investigar, proposta dende a Biblioteca foi "O Cine". Así que no ciclo de Infantil, puxémonos mans á obra e investigamos sobre: a historia do cine, as súas orixes, os instrumentos previos ao cinematógrafo, as persoas que son necesarias para facer unha película, produtoras e películas coñecidas, e moitas cousas máis...
Despois de moito investigar e traballar esta temática, fixemos un pequeno documental explicando algunhas das cousas que aprendemos, aquí o tendes, desexamos que vos guste, despois de todo o traballo e esforzo realizado polos maís pequenos do cole.

https://drive.google.com/open?id=0B4_lSD8L0g68b1N4ZG4tLWNtZHc

 Clica na imaxe para ver o vídeo
  




9 jun 2016

IX Certame Literario

O pasado martes día 30 de maio, celebramos no Colexio o festival das Letras Galegas onde se realizou a entrega de premios aos gañadores do IX Certame Literario.
Aquí vos mostramos os traballos gañadores:
  • CATEGORÍA NARRATIVA 1º curso de Primaria: Rosalía González Otero.
  • CATEGORÍA POESÍA 1º curso de Primaria: Carla Nogueira Ferández

  • CATEGORÍA NARRATIVA 2º curso de Primaria: Antía Pedrosa Mariño


  • CATEGORÍA NARRATIVA 2º Ciclo de Primaria: Ainhoa Collazo Solla

  • CATEGORÍA POESÍA 2º Ciclo de Primaria: Celso Nogueira Ferández

  •   CATEGORÍA NARRATIVA 3º ciclo de Primaria: Ainhoa Mosquera Cabaleiro

  • CATEGORÍA POESÍA 3º Ciclo de Primaria: Paula Rodríguez Alonso

  • CATEGORÍA NARRATIVA pais/nais : Miguel Crespo 

  •  CATEGORÍA POESÍA pai/nais: Luis González Rodríguez

  • PREMIO ESPECIAL a familia Nogueira Fernández pola participación de tódolos membros da familia nesta edición do Certame Literario. 
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
ESPERAMOS QUE O VINDEIRO CURSO SIGADES PARTICIPANDO CON TODA A ILUSIÓN PARA SEGUIR CREANDO "LETRAS E CULTURA".