29 jun 2016

OS NOSOS DOCUMENTAIS.

   Este ano o alumnado de 1º de primaria fixose experto na elaboración de documentais.

   A temática escollida para o primeiro documental foi o "8 de marzo", para elaborar este documental decidimos escoller a entrevista como recurso principal para a transmisión de información. Para elo elaboramos dúas entrevistas, unha máis clásica e outra con un toque diferente. Despois disto entrevistamos as mulleres traballadoras das nosas casas e elaboramos unha pequena introdución para darlle contexto ao documental. Tedes máis información deste traballo pinchando aquí.
O resultado foi un documental de 40 minutos que está a vosa disposición na nosa biblioteca.

   A temática escollida para o segundo documental foi "As cores da inclusión". Neste documental mergullámonos de cheo na comprensión do vocabulario que explicaba a temática, fixemos xogos, vimos curtas, fixemos debates, murais, contos.... para chegar a unha fermosa conclusión, para coñecela tedes que ver "As cores da inclusión". Aprendemos a gravar coa cámara de vídeo , sacar fotos, a controlar os sons, a escoller e sintetizar a mensaxe que queriamos transmitir,., Se pinchades aquí podedes acceder a meirande parte das curtas que traballamos en clase.




No hay comentarios:

Publicar un comentario