22 jun 2016

DOCUMENTAL EXPLICATIVO SOBRE O CINE

Neste Curso 2015-16, a temática elexida para investigar, proposta dende a Biblioteca foi "O Cine". Así que no ciclo de Infantil, puxémonos mans á obra e investigamos sobre: a historia do cine, as súas orixes, os instrumentos previos ao cinematógrafo, as persoas que son necesarias para facer unha película, produtoras e películas coñecidas, e moitas cousas máis...
Despois de moito investigar e traballar esta temática, fixemos un pequeno documental explicando algunhas das cousas que aprendemos, aquí o tendes, desexamos que vos guste, despois de todo o traballo e esforzo realizado polos maís pequenos do cole.

https://drive.google.com/open?id=0B4_lSD8L0g68b1N4ZG4tLWNtZHc

 Clica na imaxe para ver o vídeo
  




No hay comentarios:

Publicar un comentario