25 jun 2018

PROXECTO MASCOTA.

      As nenas e nenos do 3º ciclo estivemos investigando as mascotas, as propias e as famosas. Elaboramos  murais, creamos anuncios, construimos un photocall  e preparamos unhas manualidades para poder compartir con moito cariño todo o que aprendimos co resto dos nosos compañeiros e compañeiras do cole.  Para ver máis pincha na imaxe.


REVISTA ESCOLAR O COTO.


23 jun 2018

O PEQUEANIMALARIO DOS NENOS E DAS NENAS DE ED. INFANTIL


Clica enriba da imaxe para ver o vídeo.



Os nenos e as nenas de Educación Infantil traballaron neste último trimestre os seus animais favoritos. Recollemos neste vídeo un resumo do aprendido con curiosidades e contidos moi interesantes. Desexamos que vos guste moito!!!

18 jun 2018

DESFILE DE ANIMAIS.

Este ano fusionamos dúas actividades nunha, o día da poesía e o conto viaxeiro. Para elo desenvolvemos unha actividade titulada "Desfile de animais" onde o alumnado tiña que facer rimas para crear poesías conxuntas. Nestes momentos ainda estamos barallando como encuadernamos e corriximos a actividade pero aquí deixamos unha pequena mostra.


13 jun 2018

12 jun 2018

Mondrian animals. ARTS

Have a look at this wonderful drawings made by primary education kids!
They were inspired by Piet Mondrian style.

https://photos.app.goo.gl/BpvgKSjftLPu8M1L8

6 jun 2018

Protexamos o mundo animal

WE CARE ABOUT ANIMALS!
This year we have been learning about the animals, but we found out there are many animals in danger of extintion and there is animal abuse all around the world. So we decided to discover why some of this animals are in danger and we did a project in the english class about them.
The infantil kids discovered the donkeys are disapearing. There used to be many of these animals in all the villages in Galicia, and in Spain, but nowadays is quite difficult to find some of these strong, stubborn and clever animals.


In first grade kids are worried about the Blue Whale, so we were finding information about them, about the reasons why they are in danger, and also, the ways we can help them, and we made a Lapbook with all this information.
In second grade half class are worried about the Crocodile in the river Nile and some are worried about the Polar Bear. So we split the class in two groups and we investigate about them. So we did in third grade with the Jaguar and the Panda Bear, and in forth grade with the Iberian Lynx and the Orangutan in Borneo.Finally, in fifth grade kids are worried about elephants. In all this groups we made a lapbook  with the information we found, so our friends from other levels could discover it. In the sixth grade group we thought over all the enviroment problems and animal abuse that are harming animals. We wrote some claims trying to protect them.

Premios XI Certame Literario

Aquí están os traballos gañadores do Certame Literario deste ano:

5 jun 2018

Contos e Xogos do alumnado IES Carlos Casares

O pasado martes 29 de maio, o alumnado de primeiro da ESO, do IES Carlos Casares, acudiu ao noso centro para realizar unhas actividades de contacontos e xogos sobre a escritora María Victoria Moreno co noso alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Foi unha experiencia moi gratificante e xa estamos desexando que volvan para o vindeiro curso. Aquí vos deixamos un resumo da actividade.

4 jun 2018

A nosa Biblioteca Viaxeira visita o CEE Saladino Cortizo

Continuando co programa de Bibliotecas Viaxeiras no que participamos, esta vez fomos cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria ao CEE SALADINO CORTIZO, para compartir co seu alumnado as lecturas que tíñamos preparadas para todos e todas elas en forma de contos, recitados poéticos e incluso de baile.
Distribuiuse aos diferentes grupos por outros tantos grupos dos diferentes niveis do Saladino Cortizo para poder así en pequenos grupos disfrutar mellor dos textos. A continuación tiveron un tempo de merenda conxunta e tamén un tempo de recreo que puideron disfrutar no gran patio do que dispón o centro público.
Todos e todas puidemos disfrutar dunha visita na que houbo moi boa sintonía e se deu unha total integración que redundará moi positivamente na personalidade dos nosos nenos e nenas.
Agradecer ao CEE Saladino Cortizo, a súa Dirección e ao seu profesorado a boa acollida e trato que nos dispensaron e as facilidades que nos puxeron para a realización da actividade.
Todos coincidimos en que esperamos poder seguir colaborando en próximos cursos en esta ou en outro tipo de actividades que redunda en beneficio dos escolares de ámbolos dous centros educativos.
Tamén agradecer as nais e país que de maneira desinteresada participaron nesta ocasión na actividade, acudindo a nosa petición de colaboración á hora de podernos desprazar a pé ata o Saladino.
Na seguinte presentación audiovisual poderedes ver o momento do desprazamento desde o noso centro ao Saladino, a recepción no centro, organización da actividade e actuación do alumnado de 6º ante o grupo dos máis maiores.