27 may 2022
LETRAS GALEGAS 2022
O 17 de maio, día das Letras Galegas, rendimos homenaxe a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Puxémonos mans á obra decorando o cole e traballando sobre a vida e obra deste autor. Pero, ademais, no noso centro organizouse un bonito festival de música, baile, canción e recital de poemas para celebrar tamén un día de exaltación da nosa lingua!! "O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala non seremos ninguén" (Manuel María).
Deixámosvos aquí, algunhas das actividades feitas en artística, así como unha mostra da decoración dos nosos pasillos!!
2 may 2022
DÍA DO LIBRO - TI+EU
Aquí deixamos o libro ilustrado que resultou do traballo colaborativo entre os maiores e os máis pequenos do centro!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





