23 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro mérores, 25 de outubro, celebraremos o "Día das Bibliotecas EScolares", e farémolo cunha lectura conxunta de todo o alumnado de "A Maior Flor do Mundo" de José Saramago. Deixaremos por aquí, unha curta animada deste conto. E, como sempre, animaremos a mañá acudindo caracterizadxs de personaxes de contos!! Xa colgaremos fotiños do guapísimxs que estaremos e o ben que nos quedará esa lectura!!

9 oct 2023

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!!!

O pasado venres, 6 de outubro tivemos un gran acto de inauguración para a apertura do uso da bilio do centro!! Tendo en conta a temática a traballar este ano no cole, "A Revolución dos Caraveis", coñecimos a historia, coñecimos a lenda do Galo de Barcelos, cantamos a fermosa canción Grándola, Vila Morena... e pintamos os nosos propios azulexos típicos portugueses!!! Aquí deixamos algunhas imaxes do gran día

5 may 2023

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller non se trata dunha celebración que mereza felicitacións nin regalos, se non que é unha conmemoración que busca dar forza e voz á muller naqueles ámbitos onde todavía non se recoñece o seu valor e importancia. No cole, dende a dinamización da biblioteca fixemos unha selección de libros acorde con este día para uso e disfrute de toda a comunidade educativa, ademais organizouse un taller de chapas onde canda neno e nena diseñou a súa propia. Un día xenial cunha ensinanza importante!!

3 may 2023

DÍA DO LIBRO

Non hai mellor xeito de conmemorar o día do libro que apadrinar e axudar aos máis peques a desfrutar dunha boa lectura!! Os maiores escolleron contos magníficos e leron e debuxaron cos compis dos ciclos máis baixos, montando e editando un libro xenial que gardaremos na biblio para disfrute de toda a comunidade educativa!!

RAMÓN VEIGA "Os contos da Miñoca"

O noso admirado Ramón Veiga visitou o noso cole e quedamos encantadísimas coa súa presencia!! Ensinámoslle o noso traballo baseandonos na súa obra e inventámonos a "Miñoca e Oso", cremos que conseguimos sorprendelo moito!! Deixamos aquí algunhas imaxes desta fermosa actividade!!

27 abr 2023

ANXO IGLESIAS "UNHA NOVA DIMENSIÓN"

O pasado 13 de abril, o alumnado de 6º gozou coa divertida e interesantísima visita do escritor Anxo Iglesias. O alumnado gozou moitísimo da lectura da súa obra "Unha nova dimensión" e recomendan efusivamente este libro a todos e todas as amantes da lectura. Mostramos parte da súa intervención na aula onde os/as cativos/as disfrutaron da súa presencia.

10 ene 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Coa proximidade das vacacións de Nadal, dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos facervos unhas recomendacións lectoras para entreter aos máis peques da casa!! Agardamos que vos gusten! Bo Nadal!