Día diferente e divertido! Como nos gusta esto de vir disfrazados!! Houbo personaxes de todos os tipos, lugares, idades e xéneros literarios!!
Deixámosvos algunhas imaxes que dan fe do que dicimos!!
Día diferente e divertido! Como nos gusta esto de vir disfrazados!! Houbo personaxes de todos os tipos, lugares, idades e xéneros literarios!!
Deixámosvos algunhas imaxes que dan fe do que dicimos!!
Moi atentos e atentas a este cartel!!! O vindeiro 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, como coincide en domingo, celebrarémolo o venres 22!! Busca a túa personaxe favorita e ven difrazado ao cole!!
Moi emocionadas e contentas por voltar a utilizar a nosa biblio dun xeito máis fluído e relaxado do que o curso pasado permitira o malencarado Covid!!
Este ano centramos o noso proxecto de centro no cuidado do medio ambiente, na reciclaxe, na loita contra a contaminación... "RESIDUOS CERO CON CARBI". Así que, trouxemos ao noso amigo o LimpaTerra, e fixemos debuxos de todas aquelas imaxes que queremos que se borren do noso planeta; fábricas contaminando, ríos con lixo, mares con plático, papeis no chan, tala de árbores... E pedímoslle ao LimpaTerras que nos axudara a ter un cole moi respetuoso co medio e que levara todo aquelo que non nos gustaba!!
A biblio quedou súper chula coas nosas manualidades colgantes con material de refugallo!!
SÍGUENOS!! SEGUIREDES TENDO NOVAS NOSAS!!!
O 6 de outubro festexaremos a inauguración da Biblioteca do centro para o curso 2021-2022. Este ano o proxecto de centro será " RESIDUOS CERO CON CARBI", onde nos concienciaremos, aínda máis, da necesidade de coidar o noso planeta, e aprenderemos que cousas podemos facer cada un e unha de nós para axudar neste coidado.
Para empezar, imos deixar por aquí, uns cantos cortos que poderedes visualizar cantas veces queirades.
Estade moi atentxs!!!