30 nov 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase o 3 de decembro. O seu principal obxectivo é visibilizar o apoio á inclusión social das persoas con discapacidade. Esta data foi elexida para facer un chamamento universal para lograr unha sociedade o máis inclusiva e acesible posible. Trátase de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en cada ámbito da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. Dende a biblio do cole temos selecionados un conxunto de libros e contos para poder traballar sobre este aspecto ademais de propoñer diferentes páxinas de curtametraxes e contos que podedes disfrutar dende as vosas casas!! CONTOS DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

24 nov 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!!!

Outro curso e xa están aquías "Mochilas Viaxeiras". Os libros son fiestras abertas ao mundo, porque grazas a eles temos a oportunidade de ver, de coñecer, de viaxar, de aprender... Durante a infancia, a familia é o principal referente en tódolos ámbitos, polo que debe selo tamén no exercicio da lectura. Esta mochila é unha invitación á lectura en familia, unha pequena escolma do que podemos atopar na BIBLIOTECA ESCOLAR. Xunto cos materiais tamén mandamos o "Caderno Viaxeiro" para que cada familia aporte as súas impresións sobre a actividade, os materiais, o libro que máis vos gustou... podedes facer algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento.. en fin, o que queirades manifestar. Ánimo e boas lecturas!!

4 nov 2022

SAMAÍN

E que ben o pasamos e que guapos e guapas iamos!!! Con esta festa os celtas conmemoraban o cambio de estación. É unha data que coincidía co final da tempada de cosecha e daba comezo un novo ciclo!! Hoxe en día, mesturada coa festa do Halloween, disfrazámonos terroríficamente, adornamos o cole cos nosos calacús e disfrutamos de talleres xeniales que organizamos coa axuda de nais do cole para disfrute dos máis pequenos!!