12 dic 2019

Semana da Ciencia en Galego na Biblioteca

Do 25 ao 29  de novembro celebramos a «Semana da Ciencia en Galego na Biblioteca», para participar da celebración do mes da ciencia en galego nas bibliotecas que se celebra nese mes tódolos anos para levar a cabo unha maior difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

9 dic 2019

Semana de Tradición Oral_2019


Este curso celebramos a semana de Tradición Oral os días 6, 7 e 8 de Novembro coa actividade do "Teléfono Avariado", empregando os refrán e ditos polulares recompilados polo alumnado e as familias. Esperamos que vos guste e disfrutedes do video igual que todos nós disfrutamos da actividade.

31 oct 2019

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2019


Dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, convocámosvos a tódalas familias para a realización dunha expoxición de cabazas coa temática este ano da natureza, e temos que dicirvos que resultou todo un éxito. Todos e todas o pudéstedes comprobar esta semana do 28 ao 30 de outubro, xa que tivemos que dispor de catro mesas a máis do que se precisou o ano pasado por falta de espazo, para poder admirar todas as vosas creación artísticas.
Grazas pola vosa participación!
Todo un exemplo de familias implicadas na educación dos seus fillos e fillas.

EXPOSICIÓN DE XERRAS LITERARIAS

No mes de outubro, co gallo da celebración, o día 24, do "Día das Bibliotecas Escolares", o Equipo de Biblioteca e CARBI, convocamos a todalas familias a participar nunha exposición de Xerras Literarias co obxetivo de sacar dos contos toda a súa esencia. E este foi o resultado:




GRAZAS a tódalas familias participantes polo seu esforzo e interés!!

26 oct 2019

SAMAÍN/HALLOWEEN

Este é o "comemedos", que ven cada ano o día de Samaín. E chamamoslle así porque lle damos para comer todos os temores e medos que nos asustan, e as veces ata nos quitan o sono. 




Hai moitos anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen... 


EXPOSICIÓN CABAZAS DE SAMAÍN.


16 oct 2019

O Día das Bibliotecas Escolares

O 24 de Outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas escolares coa lectura en directo a través do Blog de Carbi, de dous libros de Gloria Sánchez que son: "Manual para unha pequena bruxa" e  "Doutor Rus".
https://youtu.be/EDpTX8noaow


3 oct 2019

Inauguración biblioteca

Por fín chegou Carbi a biblioteca do Cole, e invitounos a todos e todas a ver o bonita que está, pois este ano como vamos averiguar moitas cousas sobre a FLORA, hai árbores, plantas, flores... por todas partes. Xa podemos ir a biblioteca tódolos recreos e tardes cando queiramos. A disfrutar dos libros e do resto dos tesouros que Carbi ten alí para nós.



16 jun 2019

ANTES/AGORA. 50 ANOS DE TROULA NO CARBALLAL.

 Esta é unha pequena mostra da información que recollemos ("conto viaxeiro") que formará parte dun especial da Revista do cole...








7 jun 2019

EXPOSICIÓN DO PROXECTO DE ED. INFANTIL

O pasado luns, día 3 de xuño, o alumnado de Ed. Infantil levou a cabo a súa exposición do seu proxecto sobre a Terra e o Universo. Deixamos nesta entrada un vídeorresumo do que aprenderon durante este curso. Desexamos que vos guste.





3 jun 2019

Exposición do proxecto "Unha viaxe polo espacio"

Hoxe, todos puidemos coñecer o espacio moi a fondo con todo o que nos contaron os nosos compañeiros, sobre o que hai ahí fora no espacio exterior.
Felicitamos a tódolos grupos polo gran traballo realizado!


1 jun 2019

IES CARLOS CASARES - "Obras de arte"

O venres 31 de maio,  recibimos a visita de alumnado de 1º da ESO do IES Carlos Casares, entre eles atopabanse algúns ex-alumnos como Paula, Alejandro, Miguel, Sandra, Natalia e Fátima.
Todos eles, xunto cos seus novos compañeiros do IES, contaronnos historias relacionadas con diversas obras de arte.
Aquí podedes ver as fotos de todas as historias que nos contaron.

29 may 2019

Preparando a exposición do Proxecto

O vindeiro luns día 30 realizaremos as exposicións dos traballos resultantes do Proxecto Documental Integrado deste curso "Unha viaxe polo espazo".
No segundo ciclo xa estamos preparando a nosa exposición sobre A LÚA.



26 may 2019

Contando contos aos peques

Como en anos anteriores, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou ao longo deste trimestre contandolle contos aos pequenos do colexio: aos de infantil e 1º ciclo de Primaria.
O alumnado de 3º, de 4º e 5º contan os contos en galego fundamentalmente, e o alumnado de 6º contan os seus contos en lingua inglesa.
Todo o alumnado do centro disfruta desta actividade, tanto os pequenos que escoitan o conto como os maiores contandollo ou representandoo.
Aquí hai algunhas fotos desta actividade.

25 may 2019

Outer Space Project

This year we have been searching about what's happening out there in the space: the sun and the solar system, the planets, the belts, other galaxies, black holes, asteroids, meteors, shooting stars and other stars, natural and artificial satelites, the constelations, how is the space,  the big bang theory, how people is curious about the space since the anciant history, and nowadays it became one of the most important aims for the developed countries, is a kind of race  in descovering the mistery of the outer space.
Al the results of our searching are reflected in a big book, that allows to share all the adknowlegments we found out about Space.
It has been a fascinating project and we all were very motivated with it.

22 may 2019

Lectora do mes de abril

A lectora de mes de Abril é Noa de 3º. Aquí nos recomenda o seu libro favorito:

Lector mes de abril from Biblioteca Carballal on Vimeo.

13 may 2019

Lectora do mes de marzo

Este mes de marzo, a alumna que maís libros leu na biblioteca foi: Sandra Pérez de 4º curso.
Aquí a podemos ver falandonos do seu-seus libro/s favorito/s.

Lectora do mes de marzo from Biblioteca Carballal on Vimeo.

Cohete para a lúa!!

Imos camiño do universo, polo que nos subimo ao cohete e emprendemos a viaxe. Estamos a navegar en busca de información da nosa Lúa.

30 abr 2019

Gonzalo Moure visita BiblioCarbi

O autor de «Palabras de Caramelo» honrounos coa súa presenza e fixo unha parada no noso centro para conversar co alumnado de 6º sobre esta obra que leron este curso e que tanto gusta a pequenos e maiores. Foron momentos entrañables os compartidos con Gonzalo a través da mirada de Kori, o protagonista desta historia que esperamos leades nalgunha ocasión, e que podedes ampliar accedendo ao blog de terceiro ciclo premendo na imaxe.
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2019/05/visita-de-gonzalo-moure.html


26 abr 2019

Visita da escritora IRIA MISA



Hoxe recibimos a visita da autora do libro: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust».
É un libro que ainda estamos a ler en 5º e 6º pero aproveitamos a presenza de Iria Misa para descubrir os pormenores da creación desta gran obra, que cremos non debe faltar en ningunha biblioteca. Un historia ben documentada que nos fai entender e comprender mellor a problemática da transexualidade en idades tempranas. Para ler máis preme na imaxe.
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2019/04/visita-da-escritora-iria-misa.html

10 abr 2019

Investigación en familia do alumnado de 5 anos

As nenas e nenos de cinco anos, están a traballar o "Universo", para eso estiveron investigando nas súas casas coa axuda das súas familias. Aquí tendes unha mostra do traballo realizado por algúns deles:








3 abr 2019

Charla divulgativa: «Nanosatélites»

Hoxe día 3 de abril o alumnado de 5º e 6º asistimos no centro a unha charla titulada «nanosatélites», impartida polo inxenieiro de diseño electrónico Aarón Nercellas Ventas . No noso Blog poderedes completar a información sobre esta actividade que resultou tan interesante para todas e todos. Accedede coma sempre premendo na imaxe. 
http://terceirociclocarballal.blogspot.com/2019/04/charla-nanosatelites.html

21 mar 2019

Papelote pide axuda para investigar sobre "O planeta Terra"

A semana pasada, na aula de tres anos, Papelote a súa mascota apareceu cunha mensaxe e un obxecto pedindo axuda aos nenos e nenas da clase para investigar. Aquí tedes a mensaxe que lles deixou:


13 mar 2019

SEMANA DA MULLER NO CARBALLAL.

Elaborada polo grupo de mestras e mestres do IES Basella.




Elaborado por @flipped_primary


18 feb 2019

PLANETARIO NO COLEXIO


Neste curso , contamos cun recurso proporcionado por Educaixa, un planetario, que tivemos no noso centro durante una semana e que puidemos usar e coñecer todos/as   os/as nenos/as do colexio.
Resultounos moi proveitoso , pois estamos traballando o espazo.

8 feb 2019

Traballamos os proxectos do Universo e da Terra

Neste segundo trimestre comezamos a traballar nas aulas de Infantil os proxectos do Universo e A Terra, tendo en conta que neste curso o proxecto central desta biblioteca é: "Unha viaxe polo Espazo".
  Estes son os recantos que creamos en cada unha das clases:

7 feb 2019

A famosa Gloria Sanchez visita o Carballal !!!

Gloria Sánchez visitou ao Carballal  para  responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto.
Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as.
Se queres ver máis pincha na imaxe.


4 feb 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para celebrar o día da Ilustración, todos/as con papel e lapis na man e escoitando música, decidímonos a debuxar o que nos saía ao escoitala música, una vez rematada a ilustración a colocamos nun mural para que toda a comunidade educativa as poidan ver.

3 feb 2019

DÍA DA PAZ

Na nosa celebración do Día da Paz elaboramos un mural coas cousas que cada un de nós considera moi importanteS para lograr a PAZ. 






25 ene 2019

CONTACONTOS DE FAMILIARES

O alumnado de infantil tivo a gran sorte de gozar a semana pasada dunha marabillosa sesión de contacontos, realizado por unha tía dunha das nosas alumnas. Se premedes na imaxe poderedes ver un resumo da mesma.


20 ene 2019

Lector/a do mes

O lector do mes de DECEMBRO é: ........... Manuel de 1º curso
Aquí nos presenta o seu libro favorito:


LECTOR DO MES DE DECEMBRO

A lectora do mes de NOVEMBRO é: ................Andrea de 3º curso.
Aquí nos presenta o seu libro favorito.


Gracias por ensinarnolo Andrea!!!!!

A lectora do mes de Outubro é Xiana de 3ºde Primaria.
E aquí nos presenta o seu libro favorito.


Lectora do Mes de Outubro

8 ene 2019

LENDAS




Durante dúas semanas de outubro pasamos pola biblioteca para aprender e traballar dúas lendas da nosa tradición. Puidemos ilustralas, modificalas, facer xogos…