31 oct 2019

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2019


Dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca, convocámosvos a tódalas familias para a realización dunha expoxición de cabazas coa temática este ano da natureza, e temos que dicirvos que resultou todo un éxito. Todos e todas o pudéstedes comprobar esta semana do 28 ao 30 de outubro, xa que tivemos que dispor de catro mesas a máis do que se precisou o ano pasado por falta de espazo, para poder admirar todas as vosas creación artísticas.
Grazas pola vosa participación!
Todo un exemplo de familias implicadas na educación dos seus fillos e fillas.

EXPOSICIÓN DE XERRAS LITERARIAS

No mes de outubro, co gallo da celebración, o día 24, do "Día das Bibliotecas Escolares", o Equipo de Biblioteca e CARBI, convocamos a todalas familias a participar nunha exposición de Xerras Literarias co obxetivo de sacar dos contos toda a súa esencia. E este foi o resultado:




GRAZAS a tódalas familias participantes polo seu esforzo e interés!!

26 oct 2019

SAMAÍN/HALLOWEEN

Este é o "comemedos", que ven cada ano o día de Samaín. E chamamoslle así porque lle damos para comer todos os temores e medos que nos asustan, e as veces ata nos quitan o sono. 




Hai moitos anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Samaín, cando as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecen... 


EXPOSICIÓN CABAZAS DE SAMAÍN.


16 oct 2019

O Día das Bibliotecas Escolares

O 24 de Outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas escolares coa lectura en directo a través do Blog de Carbi, de dous libros de Gloria Sánchez que son: "Manual para unha pequena bruxa" e  "Doutor Rus".
https://youtu.be/EDpTX8noaow


3 oct 2019

Inauguración biblioteca

Por fín chegou Carbi a biblioteca do Cole, e invitounos a todos e todas a ver o bonita que está, pois este ano como vamos averiguar moitas cousas sobre a FLORA, hai árbores, plantas, flores... por todas partes. Xa podemos ir a biblioteca tódolos recreos e tardes cando queiramos. A disfrutar dos libros e do resto dos tesouros que Carbi ten alí para nós.