18 may 2011

O Certame Literario de TODOS

Aquí tedes a publicación do libros de todos os participantes do Certame deste ano. Esperamos que a todos vos gusten as historias e os premiados.

13 may 2011

IV CERTAME LITERARIO

Fíxose entrega dos premios do IV Certame Literario. Antes de deixarvos un pequeno libro cos premiados e as súas obras, queremos agradecer a vosa participación e animarvos a seguir colaborando e participando!!!




IV CERTAMEN LITERARIO on PhotoPeach

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2011!!!

Hoxe celebramos no cole o Días das Letras Galegas. Reunímonos todos na biblioteca onde os compañeiros do primeiro ciclo foron os encargados de presentar tan importante acto. Aquí vos deixamos a presentación que fixemos, xa que para ver o vídeo teredes que agardar un pouquiño.


9 may 2011

O RETO DE CARBI

Carbi quere probar a vosa habilidad cos xeroglifos. Aquí vos deixa unha actividade moi divertida, só para valientes. Quen se atreve???? Clicade na imaxe.


Se vos gustou o xogo e queredes saber como sería o voso nome escrito polos exipcios facede clic na imaxe!!!

HONORATO, O RATO NAMORADO

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º estivemos a ler e traballar co libro de "Honorato, o rato namorado". Pero iso non é todo, senón que como broche final tivemos ao autor, Antonio García Teijeiro, no cole e puidemos ensinarlle todo o noso traballo e recibir como premio un pequeno recordo nos nosos libros. 
Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo feito. 


Por se queredes volver xogar e probar os vosos coñecementos sobre o libro deixámosvos o lim que fixemos:

OS PEIXES DE CORES

O alumnado de 4º e 3º ciclo de E.P. leu o libro de Antonio García Teijeiro "Os Peixes de Cores" e fixo un bo traballo con él. Aquí está a mostra de todo o que traballaron.



Como recompensa tivemos a sorte de que o autor do mesmo nos visitara e nos firmara os  nosos libros.

7 may 2011

LETRAS GALEGAS 2011

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano homenaxeamos a Lois Pereiro. 
Aquí vos deixamos un pequeno documento coa vida e obra deste autor.





AGORA PARA PROBAR OS VOSOS COÑECEMENTOS CLICADE NA IMAXE DO VOSO CICLO

2 may 2011

RECETARIO DO CARBALLAL

Xa está aquí!! recien sacado do forno!!! O noso recetario!! Aquí tedes un montón de receitas para poder preparar nalgunhas festividades ao longo do ano, ou cando vos queirades convertir en auténticos chefs!! Esperamos que vos salgan ben!!