20 jun 2014

COÑECENDO CABRAL.

     O proxecto de biblioteca deste ano era Coñezamos Galicia. Vivamos como galegos/as!.

     No primeiro ciclo traballamos arreo para coñecer Cabral, que é unha parroquia de Vigo onde viven a maioría dos nosos alumnos/as. O resume de todo o noso traballo está recollido no seguinte vídeo, que foi o que presentamos hoxe na macroconferencia celebrada no colexio, onde todos os compañeiros/as falaron dos seus proxectos. Desexamos que vos guste e que aprendades tanto coma nós.



12 jun 2014

O Proxecto de Illas

Xa hai algo de tempo que rematamos o proxecto das Illas de Galicia e agora compartímolo con vós.
Nesta parte do proxecto Illas e Faros elaboramos mapas temáticos sobre a costa de Galicia.
Neles tratamos temas tan amplos como as rías de Galicia, a economía costeira de Galicia, a biodiversidade da costa de Galicia e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Aquí estamos traballando concienzudamente...




E aquí co resultado do noso traballo!


5 jun 2014

MAPA VIAXEIRO.

O resultado da actividade foi fantástico, tivemos que encadernar os vosos traballos en dous volumes.
Agora mesmo están en exposición á entrada do colexio para que toda a comunidade educativa poida gozar con esta fermosa viaxe por Galicia. Aquí tendes unha fotos que se converterán nun libro virtual en canto poidamos. 
Grazas pola colaboración.
Carbi.


VIVAMOS COMO GALEGOS

Os nenos de 5º de Primaria, dentro do proxecto Descubrindo o Norte, editaron un tríptico informativo sobre os muiños naviculares de soporte fixo na Serra do Galiñeiro.

4 jun 2014

FRAN ALONSO.

     O vindeito 13 de xuño visitaranos os estupendo escritor Fran Alonso.
     Os nenos e nenas do 1º ciclo están á espera con un montón de cuestións no maxín despois de ler o fermoso libro "O meu gato é un poeta".


     Se queres saber máis sobre este escritor visita o domicilio virtual de Fran Alonso ( <= pincha no seu nome).
     Se queres saber máis do gato poeta, visita a súa web http://gatopoeta.net/


VISITOUNOS FINA CASALDERREY

     A escritora galega Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey), visitou a Bibliocarbi para dar unha grata sorpresa aos lectores/as do 2º ciclo de primaria.
     O libro escollido polo 2º ciclo foi O misterio do faro vello.
     

Aqui podes atopar algunhas fotos da actividade: