30 oct 2013

Feliz Samaín!


O 30 de Outubro celebramos a festividade de Samaín. Pasámolo xenial cos nosos gorros de bruxa, cos contos e historias e coas rimas, cancións e bailes que, como todos os anos, fixeron desta festa un día máxico.

Tamén tivemos a tradicional exposición de cabazas e elaboramos contos de Samaín.

As historias que escoitamos foron: "A figueira de pelos tortos", "Non teño medo", "The witches house" e "The kingdom of witches".


Deixámosvos aquí o vídeo de "The kingdom of witches" para que recordedes esta celebración.


23 oct 2013

EXPOSICIÓN TEMÁTICA: SAMAÍN

Preparándonos para Samaín, xa temos no expositor os libros relacionados co tema. Podedes disfrutar deles nas sesións de lectura:



DIA DAS BIBLIOTECAS E TRADICIÓN ORAL

       O 24 de outubro celebrase o día internacional das Bibliotecas.
No noso Colexio, a causa da folga que afecta ao ensino, trasladaremos a súa celebración, ao día seguinte día 25.
     A actividade fundamental que vamos a levar a cabo, consistirá na lectura dun conto empregando o sitema de "streaming", que consiste na  emisión da lectura do conto en directo a través de internet. Tamén aproveitaremos para celebrar a semana da tradición oral.
Esperamos que vos guste a tod@s!!!
Esta emisión realizarase accedendo dende o seguinte enlace:







7 oct 2013

PROXECTO DAS MEIGAS

O alumnado de Infantil durante este curso investigará sobre uns personaxes moi importantes na historia de Galicia, as meigas, xa que como din por ahí: "habelas hailas". Para comezar decoramos a nosa entrada ao edificio cun mural e uns móviles.



PROXECTO: AS MEIGAS

O alumnado de Infantil ao longo deste curso traballará o proxecto das "Meigas". Este proxecto englóbase dentro da proposta de traballo feita dende a biblioteca que ten como tema principal "Galicia". Con él preténdese que o alumnado coñeza un dos personaxes máis míticos da nosa terra. Xa que como din por aí "habelas hailas". Para comezar o proxecto o primeiro que fixemos foi decorar a entrada do noso edificio.