Para celebrar a Semana da Literatura de Tradición Oral imos elaborar unha escolma de refráns, ditos, adiviñas... que utilicemos nos nosos fogares ou teñamos escoitado algunha vez.
Para botarvos unha man, deixámosvos esta presentación con refráns relacionados cos meses de ano.
Lembrade que nesta presentación non están incluídas as actividades, pero poderedes facelas no cole na aula de informática.
Dende aquí as mestras e mestres podedes descargar o arquivo da actividade. Lembrade que é preciso ter instalado o Smart Notebook, versión 10 ou superior.
No mes de novembro, en Galicia, celébrase unha data moi especial, o MAGOSTO. É unha celebración propia da nosa terra, xa que noutros lugares non se celebra
Actividade feita por Ana Martínez Rey, recollida da web O Recanto de Mik.
No día do Samaín, o alumnado de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria vimos, na hora de ler, un conto titulado "Corre, corre cabaciña". Foi moi divertido! Aquí volo deixamos para que poidades disfrutar del outra vez.
Pero a sorpresa non remata aquí, se vos gustou o conto non podedes deixar de escoitar a súa canción.
Durante este mes de Novembro comezarán a súa andaina as mochilas viaxeiras. De casa en casa, de familia en familia; cheas de libros, de historias e de aventuras para compartir.
O alumnado de primaria non quedou atrás á hora de namorarse da nosa biblioteca.
No primeiro ciclo tamén vimos a curta "Romance de biblioteca" e aquí están os personaxes de conto dos que nos namorariamos sen dubidalo:
Os maiores (de 2º e 3º ciclo) vimos a curta "Los libros fantásticos que vuelan"e, ademais de quedar fascinados coa trama da historia, quixemos plasmar en papel todo o que nos gusta dos libros e o que fai que sexan tan importantes e especiais para nós. Aquí vos deixamos as nosas reflexións:
O pasado día 24 de outubro, os nenos e nenas de Infantil acudimos á biblioteca do noso cole, para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Alí, puidemos ver unha curta sobre dous personaxes de contos que vivían nunha biblioteca e entre eles xurdía o amor. Despois de ver a curta fixemos un debuxo sobre o noso personaxe de conto favorito.
Que ben o pasamos! O lema dese día foi:" Namórate da Biblioteca".
Namórate da biblioteca on PhotoPeach
E aquí están as nosas creacións, xa vedes que somos pequenos artistas!
Parabéns a todos/as os nenos/as que poden gozar todos os días nas súas bibliotecas escolares. Hoxe 24 de outubro de 2012 celébrase o día das bibliotecas escolares.
Non hai nada máis marabilloso que mergullarse nunha biblioteca para buscar ese libro que alguén escribiu para ti, porque de seguro que está aí, só tes que buscalo!
Seguramente non o atopes á primeira, pero se insistes aprecerá, so é cuestión de tempo e paciencia, pero asegúroche que o día que o atopes a túa vida cambiará.
Aquí tendes estas fantásticas curtas para celebralo, a primeira é un agasallo para o 2º e 3º ciclos e a da dereita é un agasallo para infantil e 1º ciclo, estou impaciente por ver os resultadados das vosas actividades.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Hoxe....día de inverno, temporal...chove, fai vento e frio!!! O mellor que se pode facer é coller un bo libro, meterse na cama e mergullarse nel. Recoméndovos "As bruxas" do autor de contos británico de ascendencia noruega Roald Dahl. As bruxas en fin, xa sabedes que...
"Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. ."
Os nenos/as do 1º ciclo, despois de ler e traballar con este fermoso libro escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, non se lles ocorreu nada mellor que facer TEATRO!!!
Esperamos que gocedes da obra tanto coma eles facéndoa, pareceunos xenial!!!
Como xa sabedes, Jacobo Fernández visitou o colexio o pasado 4 de xuño.
Todos os alumnos/as preguntaron cousas sobre os libros que estiveron lendo ao longo do curso, "A pedra e as formigas", "Mil cousas poden pasar"(Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil) e "A filla do ladrón de bicicletas".
Pasámolo xenial na compaña deste autor tan fantástico e que merece a pena ler.
Recomendamos a lectura de calquera dos seus libros.
O próximo 4 de Xuño vai a vir a visitarnos o autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Como xa sabedes todo o cole está lendo libros nos que él é o autor ou o ilustrador.
Seguro que o pasamos xenial.
Se queres saber algo máis de este fantástico autor, pincha na imaxe.
O outro día os nenos/as de 2º decidimos ir a biblioteca a... ROUBAR!!!
Si, fomos a roubar versos dos libros de poesía que ten Carbi.
Somos ladróns poetas, que romántico.
Estes días estivemos falando de Rosalía de Castro e da súa importancia na celebración das Letras Galegas entre outras cousas. Aquí vai o prometido, dúas actividades LIM sobre a autora.
Despois de bastante tempo pechados, e de moito traballar, por fin chegou o día da inauguración da nosa biblioteca. Deixamos aquí un documento gráfico para que vexades os cambios que fixemos nela, esperamos que vos guste. E xa sabedes, agora xa podedes disfrutar dela todos e todas, incluidas as nais e pais que poden visitarnos de mércores a xoves pola tarde de 16:00 a 18:00.
Ven a visitarnos o ilustrador Abraham Carreiro.
Todos participamos facendo murais e pasámolo xenial.
Pinchade na imaxe e accederedes as imaxes recollidas na web do cole.
O vello Elías dille a Serafina que ás veces a vida é como ir en bicicleta costa abaixo polo que hai que controlala ben e non deixarse levar polo medo...
Os rapaces/as do 3º ciclo farán unha estupenda viaxe a través deste libro, de Teresa González Costa, gañador do premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2010. O ilustrador desta fantástica obra non é outro que Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador dos libros que estamos lendo no 1º e 2º ciclo do colexio.
No fondo do mar, habitado por toda clase de seres vivos, a serea Neda e o tritón Mercurín deciden sair ao exterior , para regalarlle unha coroa ao seu pai polo aniversario...
Mergullaránse tamén os nenos/as do 2º ciclo noutro fantástico libro de Jacobo Fernández Serrano do que, tamén é autor e ilustrador. Esta historia incrible recibiu o premio Merlin de Literatura Infantil no ano 2009. Lina e Pouco levaránvos a través da historia de todos os habitantes da vila de Nil. Só tedes que ler e xa sabedes...
Houbo unha vez dúas formigas que, paseando polo campo preto dun bosque tan escuro que metía medo, viron como...
No primeiro ciclo van a ler unha fantástica historia que leva por nome "A pedra e as formigas". O seu autor e ilustrador é Jacobo Fernández Serrano. Mergullarémonos nunha historia fantástica que non deixará indiferente a ninguén.
Na exposición que está na porta da bibliocarbi podedes atopar todos os materiais para levar a cabo o proxecto deste ano.
Lembrade que estes libros non están en prestamo, podedes collelos e empregalos pero teñen que volver a exposición, para que todo o colexio poida traballar con eles.