O autor de «Palabras de Caramelo» honrounos coa súa presenza e fixo unha parada no noso centro para conversar co alumnado de 6º sobre esta obra que leron este curso e que tanto gusta a pequenos e maiores. Foron momentos entrañables os compartidos con Gonzalo a través da mirada de Kori, o protagonista desta historia que esperamos leades nalgunha ocasión, e que podedes ampliar accedendo ao blog de terceiro ciclo premendo na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario