Continuando co programa de Bibliotecas Viaxeiras no que participamos, esta vez fomos cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria ao CEE SALADINO CORTIZO, para compartir co seu alumnado as lecturas que tíñamos preparadas para todos e todas elas en forma de contos, recitados poéticos e incluso de baile.
Distribuiuse aos diferentes grupos por outros tantos grupos dos diferentes niveis do Saladino Cortizo para poder así en pequenos grupos disfrutar mellor dos textos. A continuación tiveron un tempo de merenda conxunta e tamén un tempo de recreo que puideron disfrutar no gran patio do que dispón o centro público.
Todos e todas puidemos disfrutar dunha visita na que houbo moi boa sintonía e se deu unha total integración que redundará moi positivamente na personalidade dos nosos nenos e nenas.
Agradecer ao CEE Saladino Cortizo, a súa Dirección e ao seu profesorado a boa acollida e trato que nos dispensaron e as facilidades que nos puxeron para a realización da actividade.
Todos coincidimos en que esperamos poder seguir colaborando en próximos cursos en esta ou en outro tipo de actividades que redunda en beneficio dos escolares de ámbolos dous centros educativos.
Tamén agradecer as nais e país que de maneira desinteresada participaron nesta ocasión na actividade, acudindo a nosa petición de colaboración á hora de podernos desprazar a pé ata o Saladino.
Na seguinte presentación audiovisual poderedes ver o momento do desprazamento desde o noso centro ao Saladino, a recepción no centro, organización da actividade e actuación do alumnado de 6º ante o grupo dos máis maiores.
Na seguinte presentación audiovisual poderedes ver o momento do desprazamento desde o noso centro ao Saladino, a recepción no centro, organización da actividade e actuación do alumnado de 6º ante o grupo dos máis maiores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario