Neste segundo trimestre, seguimos coas colaboracións das familias para vir a nosa biblioteca a contar historias ou contos. Neste caso, a historia contada por a nai de Jorge, da aula de tres anos, falaba da cultura esquimal que están a traballar no ciclo de Infantil, das súas costumes e tradicións. Despois da lectura decoramos con boliñas de algodón un mural dun esquimó que nos trouxo a "mamá" de agasallo e quedounos precioso. Aquí tendes unha proba desta lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario