10 abr 2016

IX Certame Literario

Convócase unha nova edición do Certame Literaio do CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral. Xa vamos pola IX edición:
Bases do concurso:
  • Os traballos deben ser entregados en tamaño A4, cunha extensión máxima de tres folios por unha sola cara. Poden ser manuscritos ou mecanografiados e poden vir acompañados de debuxos. 
  • Os traballos deben ser inéditos e en galego. 
  • As modalidades do Certame son dúas: poesía e narrativa. 
  • Só se poderá participar nunha categoría, que se indicará no relato xunto ao nome ou nomes dos autores. 
  • As categorías de participación son: 
         - Infantil
         - 1º curso
         - 2º curso
         - 2º ciclo
         - 3º ciclo
         - Nais/pais
         - Familias
  • A DATA LÍMITE de entrega dos traballos é o 6 de maio. 
O equipo de Biblioteca animavos a todos/as a participar cos vosos escritos, estamos seguros que dentro de moitos de vós hai un fantástico escritor ou escritora escondido e que queremos atopar.

Grazas de antemán pola vosa participación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario