LIBROS PARA SOÑAR retomará o venres 21, a partir das 18:30 horas, as sesións habituais de animación á lectura para público infantil e xuvenil. A programación desta nova tempada vai comezar centrada en libros sobre solidariedade e multiculturalidade, con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro. Bailar nas nubes, da autora e ilustradora arxentina Vanina Starkoff e editado por KALANDRAKA, foi finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010. Trátase dun libro cun enfoque multidisciplinar: por unha banda, aboga pola convivencia e o respecto entre persoas de diferente procedencia; por outra, reflexiona sobre as relacións sociais e a compaña fronte ao aillamento individual e a soidade.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf 986 433 768 | lps@kalandraka.com
Aquí vos deixamos as actividades programadas para este primeiro trimestre:
No hay comentarios:
Publicar un comentario