11 may 2014

Vida e obra de Xosé María Díaz Castro

É unha dos mellores poetas da segunda metade do século XX en Galicia. Discreto pero brillante, Xosé María Díaz Castro pasa case desapercibido por pasar boa parte da súa vida fora de Galicia.

Naceu en Vilariño, concello lugués de Guitiriz, pero estuda no seminario de Mondoñedo, lugar idóneo para un futuro escritor,xa que nel estudan tamén outras grandes personalidades das verbas galegas. Os seus estudos foron interrompidos pola Guerra Civil e xa non volverá a retomalos, polo que deixa a carreira no seminario e dedícase a docencia. Máis tarde múdase a Madrid onde comeza a súa carreira de tradutor.

A súa obra literaria concéntrase nun único libro de poemas de nome Nimbos (1961), onde a meirande parte dos temas que trata teñen que ver co sentimento relixioso e a Terra.

Destaca o poema Penélope, que foi cantado polo grupo musical A Quenlla, que o fixo máis popular se cabe.

De volta a súa terra natal a os 80 anos, publica algúns textos na revista Dorna. E dende entón, a Asociación Cultural Xermolos traballou para o recoñecemento deste poeta. 



PENÉLOPE

UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, 

i a tea dos teus sonos non se move. 

A espranza nos teus ollos se esperguiza. 

Aran os bois e chove. 



Un bruar de navíos moi lonxanos 

che estrolla o sono mól coma unha uva. 

Pro tí envólveste en sabas de mil anos, 

i en sonos volves a escoitar a chuva. 



Traguerán os camiños algún día 

a xente que levaron. Deus é o mesmo. 

Suco vai, suco vén, Xesús María!, 

e toda a cousa ha de pagar seu desmo. 



Desorballando os prados coma sono, 

o Tempo vai de Parga a Pastoriza. 

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. 

Un paso adiante i outro atrás, Galiza! 



Nimbos (1961)

Na páxina de Letras Galegas poderás atopar diferentes enlaces nos que poderás atopar moita máis información.
http://bibliocarbicarballal.blogspot.com.es/p/blog-page.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario